Toque de queda en Cataluña mentres en Galicia, con peores datos de covid, aínda non hai restricións serias
A incidencia catalá é de 548 casos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas, a galega é de 567; segundo os datos oficiais do Ministerio de onte.
A Xunta vai esperar aínda máis, polo menos ata a reunión de presidentes autonómicos o mércores, antes de ditar posibles as medidas para o Nadal. A situación de Cataluña é lixeiramente mellor que a galega.
A incidencia catalá é de 548 casos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas, a galega é de 567; segundo os datos oficiais do Ministerio de onte.
Josep Maria Argimon @ep
A portavoz do Govern, Patricia Plaja, anunciou este luns que Catalunya volverá limitar as reunións sociais a un máximo de 10 persoas e pechará o lecer nocturno ante o incremento dos indicadores da pandemia de coronavirus.
Díxoo en rolda de prensa tras a reunión da Comisión Delegada en materia de Covid-19 este luns xunto ao conseller de Saúde da Generalitat, Josep Maria Argimon, e a secretaria de Saúde Pública, Carmen Cabezas.
Ademais, Plaja avanzou que o Executivo catalán traballa para implantar de novo o toque de queda e limitará o aforo ao 50% no interior da restauración e ao 70% ao interior do comercio, ximnasios e actividades culturais.
Estas son as novas restricións que adoptou o Govern:
... seguir lendo en Catalunyapress.es
Escribe o teu comentario