Bugallo avanza máis medidas de control nos actos de Nadal en Santiago de Compostela ante a alza do covid
A capital de Galicia inagura hoxe as súas luces do Nadal a partir das 18 horas. O gasto da decoración é de 200.000 euros, moito máis do mínimo hai uns anos, 50.000, pero lonxe do máis de 1 millón que gasta Vigo.
O alcalde ve "bastante probable" ter que limitar aforos e pedir pasaporte covid na festa do Obradoiro, e proclama que a Cabalgata "vaise manter".
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, manifestou que a súa intención é facer "o posible" por "non cancelar nada" este nadal e avanzou que tanto a cabalgata de Reyes como a festa de fin de ano no Obradoiro "van ser ao aire libre".
A urbe rexistrou 133 positivos nas últimas dúas semanas. É unha cifra menor que a deste verán pero a peor desde o 7 de setembro.
PASAPORTE COVID
Con todo, ante o avance de casos covid-19, anticipou que "é unha hipotesis bastante probable" que haxa que controlar aforos e que se "esixa o requisito de pasaporte covid" para poder acceder á festa que se celebrará na Praza do Obradoiro.
En canto á Cabalgata, Bugallo asegurou que "se vai a manter". Incidiu en que "foi un empeño bastante persoal" e engadiu que seguirán con atención, en todo caso, a evolución da pandemia.
O PERIGO DO NADAL
Sobre as cifras epidemiolóxicas, sinalou que se trata duns datos "moi similares aos do ano pasado nestas datas" e que foi cando houbo un "salto cualitativo" no número de persoas afectdas polo virus, "alcanzando o seu máximo en xaneiro".
Así mesmo, lembrou que a diferenza co ano anterior é que para aquel entón "non había ninguén vacinado" mentres que este ano "un pouco máis" do 90% xa o está.
En canto aos datos nas UCIs, destacou a importancia do proceso de inmunización, dado que --concretou-- en torno ao 50% das persoas con covid na UCI están sen vacinar e insistiu en que, quen non se vacinou, "aínda está a tempo de facelo".
PONTE DA CONSTITUCIÓN
En canto á previsión de afluencia de turistas durante o Ponte da constitución, defendeu que é "estupenda" e que cre que "vai ser un gran éxito". Segundo declarou, "todos os datos que temos indican que a ocupación é boa" e que superan as súas espectactivas.
Con todo, admitiu que non espera alcanzar os datos do Xacobeo do 2010.
Escribe o teu comentario