A alcaldesa da Coruña (PSOE) ficha a unha ex de Cidadáns como nova concelleira

A exconcejala de Cidadáns na Coruña, Mónica Martínez, incorpórase ao goberno local da cidade. Así o anunciou a alcaldesa, a socialista Inés Rey, ante os medios, destacando o "compromiso" da edil coa urbe e a súa "enorme capacidade de diálogo e vontade de achegar e sumar en cada proxecto que entende beneficioso para os coruñeses".

|

Inés Rey xustifica os movementos no goberno local, no que se reserva as competencias de Cultura, polo impacto do coronavirus 


A exconcelleira de Cidadáns na Coruña, a xornalista Mónica Martínez, incorpórase ao goberno local da cidade. Así o anunciou a alcaldesa, a socialista Inés Rey, ante os medios, destacando o "compromiso" da edil coa urbe e a súa "enorme capacidade de diálogo e vontade de achegar e sumar en cada proxecto que entende beneficioso para os coruñeses".


Monica Martu00ednez




NOVA CONCELLEIRA DE DEPORTES

Martínez abandonara Cidadáns a principios de xuño para pasar a ser concelleira non adscrita do pleno da Coruña. Agora, segundo explicou a rexedora, asumirá as competencias de Deportes. A nova edil do Goberno local márcase como obxectivo, apuntou, que o deporte sexa "eixo transversal" na cidade.


A ALCALDESA TOMA O MANDO DE CULTURA

A rexedora tamén anunciou que asumirá directamente as competencias en Cultura, polo que o actual concelleiro responsable da materia, Jesús Celemín, quedará só con Educación. O ata o de agora responsable de Deportes, Juan Ignacio Cordeiro, pasará a coordinar Seguridade Cidadá e Diana Cabanas xestionará o contacto cos barrios.

Rey xustificou a reforma do Executivo local na pandemia de Covid-19. "Esta nova realidade que temos que xestionar obríganos e pídenos unha reestruturación", afirmou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE