As probas elevan a once os usuarios afectados por COVID-19 na residencia de Culleredo
Os casos de infectados polo coronavirus COVID-19 na residencia de anciáns Orpea de Culleredo (A Coruña) aumentaron a 13 ao dar positivo outros tres usuarios, co que son 11 usuarios e dous profesionais os afectados.
O brote detectado na residencia de anciáns de Culleredo, detectado onte e con oito usuarios afectados, conta xa con once residentes contaxiados.
Aos residentes hai que sumar os dous traballadores que tamén se atopan afectados, un deles confirmado onte despois de que saltasen as alarmas ao detectar os outros oito usuarios positivos.
Os casos de infectados polo coronavirus COVID-19 na residencia de anciáns Orpea de Culleredo (A Coruña) aumentaron a 13 ao dar positivo outros tres usuarios, co que son 11 usuarios e dous profesionais os afectados.
Segundo os datos actualizados este martes polas consellerías de Sanidade e Política Social, as residencias de Galicia mantéñense este martes con 11 usuarios contaxiados --todos eles na Residencia Orpea de Culleredo-- e cinco traballadores.
No caso concreto dos profesionais de residencias, trátase de dous traballadores de Orpea en Culleredo; un na Residencia de Maiores de San Bartolomeu en Xove (Lugo); outro a Residencia de Maiores de Paradela (Lugo) e outro na DomusVi Barra de Miño en Coles (Ourense).
Escribe o teu comentario