As praias de Orzán e Riazor quedarán sen socorristas a partir de venres pola folga do servizo de socorrismo

O comité de empresa do servizo de Salvamento e Socorrismo dos areais da Coruña retomará o venres a folga indefinida por negarse a empresa, segundo explican, a pagar as horas extra. A folga suspendérana con anterioridade para facilitar as negociacións, explican nun comunicado.

|

O comité de empresa do servizo de Salvamento e Socorrismo dos areais da Coruña retomará o venres a folga indefinida por negarse a empresa, segundo explican, a pagar as horas extra. A folga suspendérana con anterioridade para facilitar as negociacións, explican nun comunicado.


Praia da Coruña
Ante a "ausencia" de avances, "xa que a empresa recoñece que deben as horas extra que están a facer para poder levar a cabo o servizo requirido polo concello", afirman que optaron por convocar de novo a folga.

Respecto diso, aseguran que a súa reclamación obedece á realización de máis horas das recollidas en convenio e respecto das que, aseguran, chegaran "a un acordo ao comezo da tempada de verán que a empresa rompeu de forma unilateral".

Por iso, afirman que retoman a folga indefinida a partir do venres á espera de que o concello, co que teñen concertada unha reunión para o xoves, "medie e resolva o conflito".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE