O coronavirus regresa ás residencias galegas: oito anciáns infectados no centro Orpea de Culleredo
As residencias galegas, talvez as máis golpeadas pola crise do coronavirus, volven estar alerta despois de que se confirmasen oito casos positivios entre os residentes do centro Orepa de Culleredo.
O geriatrico coruñés, onde o pasado sábado se confirmou o positivo dunha das empregadas, ten illado un módulo con 36 residentes e realizouse o cribado a usuarios e profesionais.
Oito usuarios da residencia de anciáns Orpea de Culleredo (A Coruña) deron positivo nas probas da COVID-19, despois de detectárselle o sábado o virus a unha traballadora do centro.
Segundo informou en rolda de prensa o director xeral de Maiores, Ildefonso de Cámpaa, o módulo, con 36 residentes, quedou illado desde este domingo e, tras coñecerse o brote, fíxose o cribado a todos os usuarios e profesionais.
Con datos da Xunta actualizados a última hora da noite do domingo, de acordo coa información trasladada polos centros residenciais, ademais destes oito anciáns infectados en Culleredo, hai catro traballadores afectados pola COVID-19, un na propia residencia Orpea, outro de San Bartolomeu en Xove, outro de Paradela e outro da DomusVi Barra de Miño en Coles.
Escribe o teu comentario