CHUS

Cesan ao xerente da cafetería do CHUS condenado por acoso

Os traballadores votarán nos próximos días se seguen coa folga tras o cambio de xefe e as ofertas da concesionaria

O persoal da cafetería do CHUS chega a un preacordo

Tras o anuncio da concesionaria de cesar ao xerente, unha das demandas do comité de empres, chegouse a un preacordo que será debatido esta tarde.

Os traballadores do Hospital de Santiago esixen mais persoal en urxencias para poder atender ben aos doentes
Os traballadores do servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela comezaron ás 8,00 horas desta mañá unha folga de carácter indefinido para reclamar unha maior dotación de persoal.
A Asociación de Pacientes do CHUS apoia a folga do Servizo de Urxencias

A plataforma mostra o seu respaldo aos profesionais sanitarios do CHUS.

O PP di que ninguén espera máis do necesario nas urxencias do CHUS

O BNG alerta de que a situación é "extrema" e o PSdeG coincide en que a sanidade está "ao límite"

Seguimento unánime na folga do persoal da Cafetería do CHUS

A Cafetería do CHUS permanecerá pechada tamén os días 7 e 9 deste mes. Os empregados e empregadas piden a retirada das cámaras de vixilancia e a contratación de máis persoal, entre outras medidas.

Folga indefinida nas Urxencias do Clínico de Santiago

O paro no CHUS terá lugar a partir do 12 de novembro e os profesionais sanitarios piden cubrir todas as ausencias de traballadores, axilizar a xestión e substituír material "obsoleto" ou danado, entre outras cuestións. 

Tres semanas sen asistencia pediátrica en Conxo

A denuncia dun pai pon de manifesto a falta de facultativos na área de pediatría, xa que o CHUS non substituíu a ausencia dunha pediatra, provocando a indignación dos usuarios.

230 días de espera para operar un xeonllo con artrose

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia a odisea dun paciente "co xeonllo totalmente deformada" ao que lle deron cita para operarse dentro de 230 días. O denunciante, M.D.C. asegura que as dores que sofre impídenlle levar unha vida normal.

Traballadores demandan a Eloína Nuñez máis persoal en Urxencias

Persoal do servizo de urxencias do hospital clínico de Santiago emitiu un comunicado, a través do sindicato PROL SAGAP, no que denuncia a deterioración progresiva do servizo. É máis, no acusa á gerenta, Eloína Nuñez Feijóo, curmá do presidente da Xunta, de prestar "escasa atención" e prometer medidas que non cumpre.

Detidos unha nai e o home ao que ía dar en adopción o seu bebé

A muller arrepentiuse a última hora e confesou aos médicos tras parir que a persoa que se inscribiu como pai no Hospital non era tal. Por agora a perdido a custodia temporalmente do recentemente nado. 

"Non ten sentido formar un número excesivo de médicos que non vai atopar acomodo laboral"

Repasamos co decano da facultade de medicina a relación do número de prazas co número de persoas graduadas, as relacións da universidade co Sergas, a falta de profesorado, o estado do Hospital Clínico e as expectativas e previsións sobre a sanidade de mañá. 

O servizo de oncoloxía do CHUS recibe a máxima certificación internacional

O servizo de oncoloxía do Hospital Clínico de Santiago de Compostela foi recoñecido pola Sociedade Americana de Oncoloxía Clínica (ASCO) 

A avanzada e sofisticada técnica de radiocirugía que chega ao Hospital Clínico

O sistema ExacTrac, intalado no acelerador Truebeam, consegue aumentar a velocidade, precisión e exactitude no posicionamento do paciente, alcanzando unha precisión submilimétrica sen técnicas invasivas. 

Nace a Obra Social Pediatría, impulsada por profesionais do servizo de Pediatría do CHUS

Clínicos e investigadores do Servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago presentaron este mércores a Obra Social de Pediatría, unha entidade que busca contribuír ao avance a través da investigación a saúde dos pacientes pediátricos. 

A dureza e a beleza da profesión de enfermería en fotos

A exposición FotoEnfermería percorrerá diferentes centros sanitarios e colexios de enfermería de España e estará dispoñible no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela ata mediados de xuño, data na que partirá a outro centro hospitalario da comunidade galega.

O testemuño dunha facultativa para acabar coos "malos tratos asistenciais" nas urxencias do CHUS (VÍDEO)

O testemuño dunha facultativa de urxencias do CHUS: "Falamos dun mal uso do servizo de urxencias por parte dos xestores, que terían que ter unha gran consideración coa pacientes da área e cos traballadores".

 
Camiñar ata Santiago para visibilizar a miastemia

A xerencia da área de Santiago de Compostela súmase á celebración do Día Internacional da Miastemia organizando dous actos relacionados con esta patoloxía.


O CHUS participa nun proxecto europeo para desenvolver novos e mellores fármacos infantís

O proxecto Conect4children é espazo de reunión de "os hospitais pediátricos máis presitigiosos" de Europa con compañías farmacéuticas, asociacións de pacientes, hospitais infantís e outras organizacións de investigación.

En funcionamento o novo local da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue no Clínico
O Complexo Hospitalario Clínico de Santiago (CHUS) estreou nos últimos días un novo local da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) cunha superficie de 75 metros cadrados que dispón de consulta médica e sala de hemodonación, cinco postos de doazón e nos que é posible doar de forma convencional e polo sistema de aférese.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE