230 días de espera para operar un xeonllo con artrose
A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia a odisea dun paciente "co xeonllo totalmente deformada" ao que lle deron cita para operarse dentro de 230 días. O denunciante, M.D.C. asegura que as dores que sofre impídenlle levar unha vida normal.
A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia a odisea dun paciente "co xeonllo totalmente deformado" ao que lle deron cita para operarse dentro de 230 días. O denunciante, M.D.C. asegura que as dores que sofre impídenlle levar unha vida normal.
Hospital CHUS de Santiago
Este é o seu testemuño completo, difundido pola citada Asociación:
“Son M.D.C. e teño un xeonllo totalmente deformado por culpa da artrose. No mes de maio, o meu médico de familia mándame, por fin, ao especialista de trauma e danme consulta para o día 1 de agosto. Xa antes, o médico manda facer as radiografías para ir adiantando. O traumatólogo na consulta dime que teño que poñer unha prótese de xeonllo porque está totalmente deformado e faime o volante para a solicitude de cita de cirurxía ortopédica. Ese mesmo día, o 1 de agosto de 2018, solicitei a consulta e danme cita para o 20-03-2019. Dado que padezo fortes dores que me impiden realizar unha vida normal, e ante a demora programada da primeira consulta, ese mesmo día poño a correspondente reclamación, que é contestada con data de 13 de setembro de 2018 e na que se me indica que van mirar o caso, pero que hai máis reclamacións e terán unha orde".
A Asociación lembra que a Lei fixa un prazo máximo de 180 días para este tipo de intervencións. É máis, o colectivo asegura que os pacientes que superan este prazo de espera son eliminados das listas publicadas polo SERGAS cada seis meses, "porque de figurar sería a aceptación pública de que a administración infrinxe a normativa ditada por ela mesma".
Segundo a plataforma, con datos xuño, na área de Santiago había máis de 360 persoas agardando por unha operación relacionada con traumatología cun tempo de espera de entre tres e seis meses.
Por agora nin o SERGAS nin o CHUS responderon publicamente a estas informacións publicadas hoxe.
Escribe o teu comentario