A CIG acusa a Estrela Galicia de bloquear a negociación do convenio
Desde a empresa matriz, Fillos de Rivera nega bloquear o diálogo e asegura que “non se levantou da mesa en ningún momento”
A #CIG denunciou que Estrela Galicia mantén bloqueada a negociación do novo convenio colectivo, acusando á empresa de querer impor condicións sen melloras salariais nin laborais. A central sindical sostén que a compañía ofrece unha vixencia de catro anos e unha proposta económica “inamovible”, mentres o persoal ve reducir o seu poder adquisitivo en case un 9% respecto ao IPC durante o último convenio.
O sindicato critica que, pese ao aumento das cargas de traballo, non se contemplan compensacións xustas. Por iso, a CIG prevé convocar nos próximos días asembleas de persoal para decidir que medidas adoptar para forzar un avance nas conversacións.
Fillos de Rivera nega o bloqueo
Desde a empresa matriz, Fillos de Rivera nega bloquear o diálogo e asegura que “non se levantou da mesa en ningún momento”. A cervexeira defende a súa vontade de alcanzar un acordo “o máis axiña posible” e reclama manter as conversacións nun marco de confidencialidade.
A compañía subliña que as persoas “sempre ocuparon unha posición central e prioritaria” na organización, e considera que as declaracións do sindicato non contribúen ao progreso da negociación.
Escribe o teu comentario