Seguimento unánime na folga do persoal da Cafetería do CHUS
A Cafetería do CHUS permanecerá pechada tamén os días 7 e 9 deste mes. Os empregados e empregadas piden a retirada das cámaras de vixilancia e a contratación de máis persoal, entre outras medidas.
A Cafetería do CHUS permanecerá pechada tamén os días 7 e 9 deste mes. Os empregados e empregadas piden a retirada das cámaras de vixilancia e a contratación de máis persoal, entre outras medidas.
Persoal da cafetería do CHUS
O primeiro día de folga nas cafeterías do CHUS tivo un seguimento do 100% nesta primeira xornada de parón, que se prolongará tamén os días 7 e 9 deste mes. A folga, convocada por CIG-Servizos, denuncia o acoso laboral que sofre o persoal da cafetería, así como esixen que se retiren as cámaras de vixilancia do local e demandan máis persoal para asumir a carga de traballo, responsabilizando a Aramark, ao CHUS e ao SERGAS desta situación.
Aitor Sebio, representante da CIG-Servizos, sinala que a empresa concesionaria como o seu xerente veñen de ser condenadas por “o acoso laboral a unha traballadora, co agravante de que se trata da presidenta do comité. “A traballadora continúa sen poder asistir ao seu traballo por medo ás represalias”, lamentan nun comunicado.
Ademais, Sebio insiste en que a empresa vixía ao persoal con cámaras ocultas. “Non respectan os acordos de contratación de persoal, tendo moito menos o necesario para atender o servizo, o que provoca grandes colas e esperas”, comenta o membro de CIG.
“Esiximos un cambio inmediato e definitivo na xerencia de Aramark, no servizo de Cafetería-Restaurante do CHUS, ademais dun cambio radical na política de relacións laborais, con respecto ao Comité de Empresa e aos seus membros”, sentencia a nota.
Escribe o teu comentario