Tres semanas sen asistencia pediátrica en Conxo

A denuncia dun pai pon de manifesto a falta de facultativos na área de pediatría, xa que o CHUS non substituíu a ausencia dunha pediatra, provocando a indignación dos usuarios.


|

A denuncia dun pai pon de manifesto a falta de facultativos na área de pediatría, xa que o CHUS non substituíu a ausencia dunha pediatra, provocando a indignación dos usuarios.


Hospital conxo

Centro de Saúde de Conxo


A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS emitiu un comunicado no que denuncia o caso dunha paciente de 12 anos que ten que esperar un mes para ser atendida polo seu pediatra no Centro de Saúde de Conxo. Esta situación está provocada porque desde o CHUS non substituíron a ausencia da profesional que debería atender á menor, o que levou aos seus pais para interpoñer unha denuncia.

 

“Ante a necesidade de atención médica non programada os nenos e nenas do centro de saúde son derivados a outros centros ou ao Servizo de Urxencias do CHUS”, relatan desde a plataforma, que denuncia que o complexo se atopa nesta situación desde o día 8 de outubro. “Urxe buscar unha solución que permita atender aos nenos e nenas con profesionais adecuados e coa continuidade adecuada no seu centro de referencia”, reclama a nota, advertindo á súa vez que as familias afectadas “non poden ser derivadas a outro centro de saúde porque se colapsarían os outros servizos, ademais das dificultades dos afectados para desprazarse a outros lugares”.


Ademais, esta carencia de pediatras está repercutiendo na campaña de vacinacións da gripe, xa que moitos menores aínda non recibiron o tratamento. Doutra banda, o comunicado tamén advirte que esta ausencia non é un caso puntual, xa que durante as vacacións dos profesionais tampouco se repoñen as baixas, o que provoca que moitos nenos non poidan ser atendidos.


“No referido á legalidade, está a producirse unha vulneración dos dereitos á atención requirida no servizo pediátrico do Centro de Saúde de Conxo, como consecuencia da carencia de profesionais especializados”, lamenta a plataforma, anunciando que esta situación prolongarase, se non se atopa unha solución, “ata o día 5 de novembro”, aínda que o centro contratou a un pediatra a tempo parcial (de 9:00 a 13:30 horas) para os pasados días 23 e 24 de outubro e para hoxe, 25 de outubro. 

relacionada Retirada a reforma que impedía garantir que un mesmo pediatra atendese sempre aos nenos
relacionada "A Xunta ten que decidir se aposta pola sanidade pública ou pola privada”

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE