Nace a Obra Social Pediatría, impulsada por profesionais do servizo de Pediatría do CHUS
Clínicos e investigadores do Servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago presentaron este mércores a Obra Social de Pediatría, unha entidade que busca contribuír ao avance a través da investigación a saúde dos pacientes pediátricos.
Clínicos e investigadores do Servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago presentaron este mércores a Obra Social de Pediatría, unha entidade que busca contribuír ao avance a través da investigación a saúde dos pacientes pediátricos.
A Obra Social, impulsada polo servizo do CHUS, ten como obxectivo "achegar a investigación de vangarda ao paciente individual, nun servizo asistencial que conjugue a mellor atención sanitaria cos valores de humanización no camiño da excelencia", segundo explican desde a organización.
"Queremos estar un paso por diante das necesidades dos nosos pacientes, e para iso queremos poñer toda a maquinaria de investigación a disposición dos nenos que atendemos, poder ofrecer opcións adicionais, especialmente alí onde empezan as nosas limitacións, que son moitas menos das que nunca soñamos pero moitas máis das que nos gustaría ter", destacou o presidente da Obra Social e xefe do Servizo de Pediatría do CHUS, Federico Martinón Torres, durante a súa intervención na presentación.
O proxecto centrará o seu labor en "o progreso en ámbitos como a investigación e a docencia, pero tamén na ética e a calidade humana percibida", segundo explican desde a Obra. O pasado mércores, ao fío da presentación, a Obra Social Pediatría puxo en marcha a súa primeira campaña de doazóns. As contribucións, desta e outras actividades, destinaranse á investigación en Pediatría, a atención educativa hospitalaria, a rehabilitación integral dos nenos e as súas familias, a promoción e difusión da educación para a saúde e a innovación na asistencia.
Escribe o teu comentario