A avanzada e sofisticada técnica de radiocirugía que chega ao Hospital Clínico
O sistema ExacTrac, intalado no acelerador Truebeam, consegue aumentar a velocidade, precisión e exactitude no posicionamento do paciente, alcanzando unha precisión submilimétrica sen técnicas invasivas.
Equipo multidisciplinar de Radioloxía do CHUS
O Hospital Clínico de Santiago introduce en Galicia , unha nova e sofisticada técnica de radiocirurxía, que chega ao CHUS da man dun equipo formado por oncólogos e oncólogas radioterápicas, neurocirurxiás e neurocirurxiáns, neuroradiólogos e neuroradiólogas e físicas e físicos.
A radiocirurxía é unha técnica radioterápica de alta precisión que permite tratar lesións de tamaño reducido no cerebro, que consiste, en palabras do xefe do servizo de Oncoloxía Radioterápica, en depositar "unha gran cantidade de enerxía na zona afectada con gran precisión tentando, por unha banda, eliminar o tumor ou metástase e, á vez ,evitar na medida do posible toxicidade ao tecido san circundante".
O sistema ExacTrac, intalado no acelerador Truebeam, consegue aumentar a velocidade, precisión e exactitude no posicionamento do paciente, alcanzando unha precisión submilimétrica sen técnicas invasivas.
Esta nova práctica está enfocada a pacientes con metástases cerebrais, tumores cerebrais malignos (gliomas) e benignos (meningiomas, neurinomas do acústico), malformacións vasculares ou neuralgia do trigémino. A radioloxía convencional limita o número de sesións, polo que non sempre era posible tratar varias lesións. Con todo, agora permite tratar múltiples lesións metastásicas en localizacións complexas coa máxima precisión.
Escribe o teu comentario