Falece un home en Neda ao cochar o seu vehículo contra outro que estaba estacionado

A causa do accidente podía ser unha indisposición previa do condutor implicado, e que este permanecía inconsciente


|

MORTONEDA
Lugar onde se produciu o accidente (#TVG)

O condutor dun vehículo que chocou contra outro estacionado en Neda faleceu sobre as 13,00 horas deste xoves, segundo informa o 112.

Un particular avisou, en concreto, dez minutos despois das 13,00 horas, e indicou que un coche chocara contra outro cando circulaba polo quilómetro 2 da AC-115, en Neda.

Esta mesma persoa explicou que a causa do accidente podía ser unha indisposición previa do condutor implicado, e que este permanecía inconsciente.

O 112 activou un operativo no que participaron urxencias sanitarias e a Garda Civil de Tráfico. Os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE