O persoal de seguridade do Hospital Clínico de Santiago trata de evitar, “por orde da xerencia”, que os membros da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS rexistren con fotografías a situación de colapso na que se atopan as urxencias do complexo hospitalario.
Os correos de Fátima Nercellas, a profesional que denunciou ante a Fiscalía o falecemento de dúas persoas nos corredores do CHUS, mostran como advertiu ao SERGAS e a Eloína Núñez da situación de colapso que viviu o Servizo de Urxencias o pasado 2 de xaneiro.
De "canallada" contra os profesionais do SERGAS ha cualificado o presidente de la Xunta a denuncia pola morte de dous enfermos no CHUS. Respóndelle a médico denunciante, Fátima Necellas, do sindicato O'Mega.
Así o declara Fernando Abraldes, presidente da Asociación de Pacientes do CHUS, quen sinala que nesa estancia “podíase atender a 15 pacientes”. Ademais, afirma que os dous falecidos permaneceron “horas” nos corredores con doenzas que terían que ser tratadas “en menos de 60 minutos”.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusou ao presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de "estar a destruír" a sanidade a "golpe de recortes e privatizacións" e cuestionoulle "cantas persoas máis teñen que morrer para que se acaben os recortes no sistema público de saúde".
O organismo envía unha carta ao presidente de la Xunta e ao conselleiro de Sanidade explicando os motivos da folga.
A Xunta reacciona ás críticas e ás fotos que mostran os corredores de urxencias saturados d no Complexo Hospitalario Universitario (CHUS) de Santiago. Na súa opinión, a asistencia sanitaria segue sendo "de calidade e adecuada", a pesar de admitir un problema "puntual".
Pacientes graves esperando nos corredores ata 3 horas para ser atendidos en urxencias. Así de "dantesca" foi a situación provocada polo "colapso" das urxencias en hospital CHUS de Santiago este luns.
Os profesionais do servizo de urxencias seguen reclamando melloras, como máis persoal. O 9 de xaneiro manifestaranse no centro da cidade, e o 14 someterán a votación a proposta da Xerencia.
O persoal o Hospital Universitario de Santiago de Compostela subiu ao seu perfil de Facebook unha versión reivindicativa do panxoliña ‘Pero mira como beben os peixes no río’, pero coa xerente da Xestión Integrada de Santiago de Compostela.
M.A.S.Ou. é unha nai diganosticada con obsesidad supermórbida. Segundo o seu relato, publicado pola Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, leva esperando por unha operación de redución de estómago desde fai "máis de tres anos", dous para lograr ver ao especialista -quen podía aprobar a operación- e xa máis dun en lista de espera para operarse.
A CIG anunciou que o rexeitamento por parte do persoal de Urxencias do Hospital Clínico de Santiago de Compostela á proposta da xerencia para o cesamento dos paróns que os profesionais levan realizando desde principios de novembro.