Xunta e SERGAS “negáronse a abrir” unha “sala de reanimación” do CHUS o día que faleceron dous pacientes
Así o declara Fernando Abraldes, presidente da Asociación de Pacientes do CHUS, quen sinala que nesa estancia “podíase atender a 15 pacientes”. Ademais, afirma que os dous falecidos permaneceron “horas” nos corredores con doenzas que terían que ser tratadas “en menos de 60 minutos”.
Así o declara Fernando Abraldes, presidente da Asociación de Pacientes do CHUS, quen sinala que nesa estancia “podíase atender a 15 pacientes”. Ademais, afirma que os dous falecidos permaneceron “horas” nos corredores con doenzas que terían que ser tratadas “en menos de 60 minutos”.
Pacientes nos corredores do CHUS
Mentres segue en marcha a investigación da fiscalía sobre a suposta neglixencia no Servizo de Urxencias do CHUS por a morte de dous pacientes que esperaban a ser atendidos, tanto o presidente Feijóo como o conselleiro de sanidade Vázquez Amuiña apresuráronse a desmentir os feitos e apoian a versión ofrecida polo complexo hospitalario. Pola súa banda, a Asociación de Pacientes do CHUS, acúsaos de vivir “nunha realidade paralela”.
En declaracións para o programa da Cadea SER ‘Hora 14’, o presidente da plataforma de usuarios, Fernando Abraldes, asegura que os falecidos estiveron “horas” sen ser atendidos por doenzas que terían que ser tratadas “en menos de 60 minutos”, pero que o colapso do Servizo de Urxencias evitou que fosen tratados de forma correcta.
“O día no que se produciu o colapso si sabiamos o caso destes dous pacientes que tiñan doenzas graves que requirían ser atendidas, aínda que nese momento descoñeciamos que falecesen”, afirmou Abraldes, quen subliñou que a plataforma se decatou da noticia despois “de que eses pacientes permanecesen no corredor de acceso tras ser tratados de maneira inmediata polo persoal sanitario”.
“Os responsables de la Xunta e o SERGAS están a inventar a realidade, dicindo algo que non se dixo, porque estes pacientes foron cualificados co ‘Sistema Manchester’ de cor amarela, o que significa que son pacientes que están graves e que tiñan que ser atendidos nun tempo máximo dunha hora”, comenta o presidente da asociación de pacientes. “Os profesionais saben cal é o procedemento para seguir neses casos pero non se fixo así”, lamenta.
Sobre a situación dos pacientes, Abraldes afirma que un dos falecidos tiña problemas cardíacos e que estivo “dúas horas e media no corredor, cando ese tipo de paciente non pode ter ese trato”, mentres que no outro caso a paciente padecía unha isquemia intestinal pola que faleceu tras empeorar cando se atopaba nos corredores.
“Que estes pacientes estivesen horas esperando nos corredores é unha vulneración flagrante do dereito dos cidadáns a unha atención urxente”, di desgustado Abraldes, incapaz de comprender como “unha administración que debería velar por estes dereitos sexa a primeira en violalos e en negar a realidade, demostrando que están incapacitados para resolver este problema”.
RECURSOS QUE NON SE UTILIZARÓN
Cuestionado sobre se esta situación produciuse pola folga que mantén o persoal de urxencias do CHUS, Abraldes respondeu tajantemente que en ningún caso débese a esta situación de parón. “A folga en ningún caso afectou os medios dispoñibles, porque a folga é de servizos mínimos co 100% do persoal; a responsabilidade de la Xunta e o SERGAS radica en que si había recursos dispoñibles que poderían ser postos a disposición dos pacientes, porque o persoal sanitario solicitou a apertura da antiga sala de reanimación onde se podía atender a 15 pacientes, pero negáronse a abrila”, denuncia Abraldes.
“Aquí hai unha irresponsabilidade: non é tolerable nin se axusta á legalidade que habendo recursos dispoñibles os pacientes teñan que estar nos corredores, onde non poden ser atendidos”, lamentan desde a asociación.
“A fiscalía debe investigar este caso, porque hai antecedentes alarmantes con tres falecementos en circunstancias similares”, sentencia o presidente.
Escribe o teu comentario