O gañador de catro premios Goya Alberto Vázquez estrea 'Decorado'
O ilustrador galego triunfou en 2022 con 'Unicorn Wars' e aspira a repetir o fito coa súa nova película.
O ilustrador galego e director gañador de catro premios Goya, Alberto Vázquez (A Coruña, 1980), estrea este venres en cines a súa nova película de animación, 'Decorado'.
Esta obra trátase dunha longametraxe do curto homónimo co gañou o Premio Goya a mellor curtametraxe de animación en 2017. Na cinta realiza unha crítica existencial cargada de sarcasmo e coa estética inconfundible do autor coruñés.
Os seus traballos gañaron catro Premios Goya: Mellor Curtametraxe de Animación en 2012 por 'Birdboy'; Mellor Curtametraxe de Animación en 2017 con 'Decorado'; Mellor Película de Animación en 2017 por 'Psiconautas', e Mellor Película de Animación en 2022 con 'Unicorn Wars'.
Vázquez obtivo máis de 100 premios internacionais en citas como o Festival de Annecy, Chicago, Premios platino, Foyle (preseleccionado para os Oscars), Expotoon ou Meliés de prata.
Escribe o teu comentario