"Tres anos" esperando por unha operación no SERGAS

M.A.S.Ou. é unha nai diganosticada con obsesidad supermórbida. Segundo o seu relato, publicado pola Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, leva esperando por unha operación de redución de estómago desde fai "máis de tres anos", dous para lograr ver ao especialista -quen podía aprobar a operación- e xa máis dun en lista de espera para operarse.


|

M.A.S.Ou. é unha nai diganosticada con obsesidad supermórbida. Segundo o seu relato, publicado pola Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, leva esperando por unha operación de redución de estómago desde fai "máis de tres anos", dous para lograr ver ao especialista -quen podía aprobar a operación- e xa máis dun en lista de espera para operarse.



Quirofanooperacion2


A afectada conta que "dous anos despois do primeiro intento" conseguiu finalmente que a dirixisen ao endocrinólogo. O especialista, no verán de 2017, diagnostícalle obesidade supermórbida e suxírelle a posibilidade de reducir o seu estómago quirugicamente. Finalmente, entrou en lista en outubro de 2017, pero segue esperando.


A muller explica que empezou a aumentar de peso tras dar a luz e que, en xullo de 2016, cando lle pediu ao seu médico de familia ver ao endocrino, saíu da consulta só cunha dieta de 1.5000 Kcal diarias, que seguiu sen lograr baixar de peso.


A paciente sufriu serias complicacións, como dúas vértebras esmagadas, artrose nunha perna, apnea do soño. Tamén asegura que non pode andar, nin conducir nin traballar "adecuadamente" queixa ademais dos continuos cambios de médico de familia e numersosas cancelacións de citas médicas.


Así as cousas, protesta porque "sigo esperando que o SERGAS me preste un servizo que pago cos meus impostos e poña fin á discriminación da que son obxecto".


PARA QUE VALEN Os PRAZOS QUE FIXA A LEI?

A citada Asociación apoia a súa queixa e denuncia que "o SERGAS non está a publicar as listas de espera para operacións de estómago". Desde a Consellería de Sanidade non se respondeu por agora á denuncia pública.


O colectivo lembra que en casos desta gravidade a lei obriga a un prazo menor de 90 días para realizar a operación e especifica que esta muller está no rexistro de espera desde o 5 de outubro de 2017.


"En nome dun pretendido aforro como principio reitor, está a producirse un dano físico e moral irreparable" argumentan, ademais de alertar de que o custo económico final para as arcas públicas será maior, debido ás complicacións que aumentan co paso do tempo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE