Ata 29 enfermos graves esperando horas nos corredores antes de ser atendidos en Urxencias
Pacientes graves esperando nos corredores ata 3 horas para ser atendidos en urxencias. Así de "dantesca" foi a situación provocada polo "colapso" das urxencias en hospital CHUS de Santiago este luns.
Pacientes graves esperando nos corredores ata 3 horas para ser atendidos en urxencias. Así de "dantesca" foi a situación provocada polo "colapso" das urxencias en hospital CHUS de Santiago este luns.
Imaxe remitida pola Asociación de Pacientes
A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS detalla que chegou a haber ata 29 pacientes graves nun corredor. A espera para o triaje, o procedemento para clasificar os enfermos en función da súa gravidade, alongábase "máis dunha hora". Varias imaxes remitidas pola Asociación de Pacientes mostran, efectivamente, grupos de familiares e enfermos esperando nos corredores do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
A pesar de tal saturación, o colectivo acusa á xerencia de negarse a abrir os 15 postos extra dispoñibles. A Asociación culpa a Eloína Nuñez, curmá do presidente de la Xunta, de non querer dotar con persoal estes postos.
É necesario lembrar que o servizo de urxencias de Santiago acumula semanas de folga. A pesar de que os servizos mínimos son do 100%, a folga ten certo impacto, ao poder negarse os folguistas, por exemplo, a facer horas extras.
Os traballadores promoven unha manifestación o próximo 9 de xaneiro. As negociacións en marcha non deron por agora ningún resultado firme. O SERGAS non respondeu por agora á denuncia pública.
Imaxe remitida pola Asociación de Pacientes
Escribe o teu comentario