Dous pacientes morreron no corredor de urxencias, denuncian profesionais do SERGAS
Profesionais sanitarios do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) denunciaron ante a Fiscalía a morte de dous pacientes nos corredores do servizo de urxencias na xornada do pasado día dous de xaneiro.
Profesionais sanitarios do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) denunciaron ante a Fiscalía a morte de dous pacientes nos corredores do servizo de urxencias na xornada do pasado día dous de xaneiro.
Comisión sobre sanidade organizada hoxe pola oposición
De iso informou este venres a médico de urxencias do CHUS e delegada de Prevención da xunta de persoal, Fátima Nercellas, quen explicou que nesta mesma xornada puxo en coñecemento do Ministerio público estes feitos. Ademais, asegurou que a Fiscalía "abriu dilixencias informativas" ante esta denuncia.
Fátima Nercellas participou este venres xunto a outros dous profesionais das urxencias nunha xornada de sanidade organizada polo BNG, PSdeG e En Marea de forma paralela á comisión de investigación sobre o sistema sanitario posto en marcha na Cámara galega.
Na súa intervención, a médico explicou que na xornada do día 2 chegou a haber "catro pacientes en parada" nos corredores de urxencias, espazos nos que se acumularon ata "29 pacientes".
Cando se produciu este "colapso" en urxencias,o SERGAS respondeu recoñecendo un problema puntual pero culpou a unha avalancha de pacientes nun momento determinado.
Escribe o teu comentario