O Servizo de Urxencias rexeita a proposta do CHUS e anuncia un peche de 24 horas

|

A CIG anunciou que o rexeitamento por parte do persoal de Urxencias do Hospital Clínico de Santiago de Compostela á proposta da xerencia para o cesamento dos paróns que os profesionais levan realizando desde principios de novembro.


Clínico, CHUS

Fachada do CHUS


De feito, o persoal non só rexeitou este achegamento do CHUS, senón que acordou intensificar as protestas e anuncia un peche de 24 horas no hospital para o día 19 de decembro e unha concentración o 5 de decembro diante do SERGAS. Ademais, tamén se programou unha manifestación en Santiago de Compostela para o día 9 de xaneiro.


A proposta da xerencia do CHUS era un incremento do persoal no servizo de urxencias dotándoo de 2 médicos, 5 enfermeiros e 5 auxiliares de enfermería. Ademais, a xerencia propoñía o peche dunha parte do servizo.


Tras a reunión, tal e como vén ocorrendo nas últimas semanas, o persoal saíu a manifestarse á entrada do complexo hospitalario. Despois da mobilización, o comité de folga trasladou a proposta aos traballadores, que rexeitárona de pleno, xa que reclaman que sexa a totalidade dos espazos de urxencias os que estean abertos e dotados de persoal.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial
Powered by Bigpress