Aumenta a circulación do virus sincital, que deixa ducias de hospitalizados sobre todo entre anciáns
A vacinación dos recentemente nados logrou reducir muchísmo a hospitalización dos pequenos debido a VRS. Non hai ningún neonato ingresado pero si máis de 30 persoas maiores de 80 anos.
Durante a última semana analizada, as consultas en atención primaria por bronquiolitis —unha das principais afeccións asociadas ao VRS en bebés— aumentaron un 20,4% con respecto á semana anterior. O grupo máis afectado é o dos nados entre abril e setembro de 2025, onde o incremento foi do 5%. Aínda que os casos graves son pouco frecuentes, este repunte preocupa nos centros de saúde, que están a afrontar tamén unha alta incidencia doutros virus respiratorios invernais.
En canto ás hospitalizacións en menores de dous anos, notificouse un ingreso durante esa semana entre os bebés nados entre abril e setembro de 2025. Ningún lactante menor de dous meses —os que atravesan a súa primeira exposición ao virus— foi ingresado por esta causa, o que os expertos atribúen en parte á alta cobertura de inmunización alcanzada en Galicia.
Alta cobertura de inmunización en bebés
Nesta tempada, o programa galego de prevención do VRS mantén unha cobertura moi elevada. O 93,2% dos bebés nados dentro da campaña en hospitais galegos recibiron a protección fronte ao virus, e entre os nados fóra do período de campaña, a porcentaxe ascende ao 94,9%. Galicia foi unha das comunidades que pioneramente implementó a inmunización sistemática fronte ao VRS, unha estratexia que Sanidade considera fundamental para evitar complicacións graves nos primeiros meses de vida.
A pesar da inmunización, o informe reflicte ingresos hospitalarios entre nenos que xa pasaron algunha tempada de exposición ao virus. Na última semana, rexistráronse catro casos de hospitalización entre os nados entre abril de 2024 e marzo de 2025, e dous ingresos adicionais entre os nenos do grupo de nados entre abril de 2023 e marzo de 2024.
O virus tamén afecto aos maiores
O repunte do virus non se limita á infancia. Na segunda semana do ano, a Consellería notificou 35 ingresos hospitalarios con VRS entre maiores de 60 anos, dos cales 25 corresponderon a pacientes maiores de 80. Este grupo de idade adoita presentar un risco elevado de complicacións respiratorias, especialmente en persoas con enfermidades crónicas ou sistema inmunitario debilitado.
Fóra de Galicia, o Ministerio de Sanidade advertiu tamén dun aumento xeneralizado de virus respiratorios en toda España, que inclúe ademais de VRS outros como a gripe e o SARS-CoV-2. A comunidade galega segue a tendencia nacional, con cifras de circulación vírica que combinan tres patóxenos principais e unha presión crecente sobre a atención primaria.
O virus respiratorio sincitial (VRS) é un virus moi frecuente que infecta as vías respiratorias e provoca cadros parecidos a un catarro, pero en bebés pequenos, persoas maiores e pacientes con enfermidades crónicas pode causar bronquiolitis ou pneumonía e derivar nunha infección respiratoria grave.
Os síntomas adoitan comezar entre catro e sete días despois do contaxio e inclúen conxestión ou goteo nasal, tose, estornudos, febre baixa, dor de garganta, cansazo e, en ocasións, asubíos ao respirar; en lactantes, ademais, pode aparecer irritabilidad, mala alimentación, respiración rápida ou con esforzo e pausas na respiración (apneas).
Os riscos son maiores en bebés menores dun ano (sobre todo prematuros ou con cardiopatías ou problemas pulmonares), en maiores de 60 ou 65 anos e en persoas con defensas baixas ou enfermidades crónicas, xa que nestes grupos o virus pode desencadear bronquiolitis, pneumonía, ingreso hospitalario e mesmo insuficiencia respiratoria.
O tratamento na maioría dos casos é de soporte: control da febre con analxésicos habituais, boa hidratación, limpeza nasal e vixilancia en casa, pero cando aparece dificultade respiratoria, rexeitamento de líquidos, empeoramento do estado xeral ou coloración azulada de beizos ou pel é necesario acudir a urxencias porque pode requirir osíxeno, soro intravenoso ou ingreso hospitalario; non existe un antiviral específico de uso xeneralizado e os antibióticos só empréganse si sospéitase sobreinfección bacteriana.
Escribe o teu comentario