Cartel da Festa do Queixo: Dorian, Dakidarría, Budiño, Dulzaro, Cool Nenas, Dogo...
O Festival do Queixo trae a mellor música ao evento gastronómico os días 28 de febreiro e 1 de marzo.
A Festa do Queixo descubriu, por fin, a súa as na manga. Aos queixos de da DOP Azrúa-Ulloa, os verdadeiros protagonistas desta cita gastronómica, súmanse uns invitados de luxo para celebrar o Festival do Queixo, un dos eventos musicais máis esperados do inverno en Galicia, servindo ademais como pistoletazo de saída para a tempada de festivais de primavera, que teñen na capital da terra do queixo un lugar onde conquistar tanto os oídos como os padais máis exixentes.
FESTIVAL DO QUEIXO
De entrada gratuíta até encher o aforamento, a carpa de concertos xunto ao Recinto Feiral Terra do Queixo acollerá os concertos de Dorian, unha das bandas referencia do indie nacional, ou Dogo, banda compostelá gañadora da última edición do Queixo Maquetón.
Isto será o sábado 28 de febreiro, día que completarán Dakidarría, Dulzaro e Cool Nenas, sendo a mestura perfecta da aposta da Festa do Queixo por bandas do país, música de raíz e formacións emerxentes da escena nacional.
Para porlle a guinda á festa, o domingo 1 de febreiro, será a quenda de Budiño, Ialma e MJ Pérez, que dará a cononcer o seu novo disco en Arzúa. Os asistentes poderán completar a experiencia cunha visita aos postos que, por decenas, ofrecerán produtos típicos, ademais de diferentes variedades de queixo nunha festa onde os que teñen o selo Arzúa-Ulloa son o gran reclamo do fin de semana, que contará con outros reclamos como o Pequequeixo, o torneo de xadrez ou unha nova edición da Carreira Terra do Queixo, entre outras propostas.
Escribe o teu comentario