“Un ancián cun infarto entra ás 20:25 e vese ás 23:50”

Os correos de Fátima Nercellas, a profesional que denunciou ante a Fiscalía o falecemento de dúas persoas nos corredores do CHUS, mostran como advertiu ao SERGAS e a Eloína Núñez da situación de colapso que viviu o Servizo de Urxencias o pasado 2 de xaneiro.


|

Os correos de Fátima Nercellas, a profesional que denunciou ante a Fiscalía o falecemento de dúas persoas nos corredores do CHUS, mostran como advertiu ao SERGAS e a Eloína Núñez da situación de colapso que viviu o Servizo de Urxencias o pasado 2 de xaneiro.


CHUS Urxencias colapsos


O diario dixital Praza publica os correos que a doutora e delegada sindical de persoal do sindicato Omega, Fátima Nercellas, enviou ao SERGAS e a Eloína Núñez, xerente do CHUS e curmá do presidente de la Xunta, nos que advirte de o falecemento de dous pacientes nos corredores do Servizo de Urgecias, que poderían estar causados por neglixencias médicas.


Nos correos faise fincapé no “tempo excesivo” que tivo que esperar un dos pacientes para ser atendido. O falecido, que sufriu unha parada cardíaca e que estaba recoñecido polo ‘Sistema Manchester’ coa cor amarela, estivo preto de dúas horas e media nos corredores , cando a súa situación obriga a que os profesionais o atendan en menos de 60 minutos. Nun dos correos pódese ver como reflicte este caso: “Un ancián cun infarto entra ás 20:25 e vese ás 23:50, parado nun cubículo, cun IAM”.


No outro caso, o dunha muller falecida por unha doenza intestinal que se agravou ata causarlle a morte, o profesional médico denuncia que a paciente estivo no corredor “por falta de sitio” e que iso impediu que fose diagnosticada de inmediato.


Correos praza

Os correos publicados por 'Praza.gal'


"SITUACIÓN DESEPERADA"

A pesar dos correos de Fátima Nercellas ao SERGAS, a Xunta segue escudándose detrás da versión do CHUS, que afirma que se procedeu de forma correcta cos dous falecidos. A pesar diso, nos correos, enviados entre as 14:42 e as 19:33 do día 2 de xaneiro, pódese ver como desde o Servizo de Urxencias reclamaban axuda pola “situación desesperada” á que se enfrontaban, cun colapso total de pacientes graves que non podían ser atendidos e solicitando a apertura da antiga zona de reanimación, unha apertura que non foi autorizada. “Compartiremos responsabilidades se alguén falece”, advertiu Nercellas.


Finalmente, Nercellas enviou un correo ao día seguinte onde refire os dous falecementos e avisa de que son dous casos que “teremos que analizar legalmente”. “Non fixeron nada do que se lle pediu; por tanto, unha vez máis, demostran a súa competencia nese nobre debido a que ocupan”, resolve a profesional médica. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE