Dimite a alcaldesa de Lousame tras case tres lustros ao ftrente do consistorio

 Teresa Villaverde (PPdeG) deixará o cargo despois de 13 anos por "motivos persoais".


|

Archivo - La alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde
Foto: EP


 

A alcaldesa de Lousame (A Coruña), Teresa Villaverde (PPdeG), deixará o cargo despois de 13 anos por "motivos persoais". Así o confirmaron a Europa Press fontes do partido, que tamén insistiron en que se trata de "algo pactado desde hai tempo".

En concreto, Villaverde deixará de ser a rexedora desta localidade coruñesa nun pleno que se celebrará este xoves. Estas mesmas fontes agradeceron o traballo da popular en máis dunha década á fronte do goberno local, á que cualificaron de "referente como alcaldesa e como representante a nivel educativo".

Con todo, insistiron en que "referendan e están de acordo coa proposta" sobre o seu sucesor, unha proposta "falada desde hai tempo". Entre os obxectivos que se fixou Villaverde tras o pleno de investidura estaba acondicionar núcleos rurais, acometer melloras nas infraestruturas ou estender a cobertura de redes móbiles e levar a fibra 5G a todo o territorio municipal, entre outros.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE