Falece Luís Ferreiro Loredo, fillo do poeta Celso Emilio Ferreiro

Luís Ferreiro Loredo, fillo do poeta Celso Emilio Ferreiro, faleceu este mércores, 24 de decembro, aos 80 anos de idade.

|

Celso Emilio Ferreiro con su familia y amigos poco antes de regresar de Venezuela (1973) Luís, en primeiro plano.

Luís Ferreiro Loredo, fillo do poeta Celso Emilio Ferreiro, faleceu este mércores, 24 de decembro, aos 80 anos de idade.

Nun comunicado, o alcalde de Celanova e presidente da Fundación Curros Enríquez, Antonio Puga, trasladou o seu profundo pesar pola morte de Ferreiro Loredo, "celanovés de corazón", aínda que debido á actividade profesional do seu pai non naceu na localidade ourensá.

Promotor, xunto cos seus irmáns e a súa nai, da Fundación Celso Emilio Ferreiro na que centrou unha boa parte da súa vida a promover e divulgar tanto a obra publicada como aqueloutra inédita do autor de 'Onde ou mundo se chama Celanova', nos últimos anos tivo un interese especial en incrementar a presenza da memoria do poeta no seu municipio natal.

Alí levou a cabo diversas iniciativas editoriais que axudaron a configurar publicamente o seu perfil poético, social e político fundamentalmente da posguerra.

Así mesmo, Luís Ferreiro representou á familia do poeta durante anos na Fundación Curros Enríquez e a súa foi a voz autorizada, tamén en representación da familia, para todo o que tiña que ver co traballo de difusión da obra literaria e do pensamento do seu pai en toda Galicia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE