Pesar en Mouretente, Pontevedra, pola morte dun veciño de 57 anos o día de Nadal

O corpo do home foi atopado no seu domicilio, onde deron a voz de alerta ao ver unha xanela queimada. A explosión dun microondas, posible causa do suceso.


|

Archivo - Sede del 112, Axega
Foto: EP

 

Un home foi atopado morto esta mañá no interior da súa vivenda en Pontevedra, na parroquia de Mourente. A principal hipótese que se baralla é que puido falecer por electrocución despois de que explotase un microondas.

Un veciño alertou do achado despois de dar conta de que unha xanela estaba queimada, segundo informa o 112 Galicia.

No seu relato, explicaba que na pasada xornada, durante un momento, viron "lume" no interior, pero que se apagou de inmediato e que este venres a xanela estaba queimada.

Así, tras contactar con familiares da vítima, púidose acceder á vivenda, onde atoparon ao home falecido.

Efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e Policía Nacional e Local desprazáronse até o lugar e participaron no operativo.

 

UN VECIÑO DE MOURENTE NACIDO NO 68 

A investigación lévaa a Policía Nacional, aínda que fontes consultadas sitúan como principal hipótese a morte accidental por mor dunha electrocución vinculada coa explosión dun microondas no incendio.

O falecido é un veciño da parroquia de Mourente nacido no ano 68. 


 

Ambulancia
Ambulancia


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE