O Tren Celta volverá conectar Vigo e O Porto a partir de decembro, informa o Eixo Altántico

O presidente da entidade transfronteiriza e alcalde de Viana do Castelo, Luís Nobre, confirma a recuperación da conexión directa. 


|

Tren celta vigo oporto
Tren Celta

 

O Tren Celta, ese enlace entre as cidades do Porto e Vigo, leva unhas semanas sen ofrecer a conexión directa entre as dúas urbes, obrigando aos pasaxeiros a facer un transbordo en Viana do Castelo. A decisión foi moi criticada polo Eixo Atlántico e polo seu secretario xeral, Xoán Vázquez Mao, que acusou a Renfe e a Comboios de Portugal de tomar "unha decisión a traizón" en pleno verán cando a ruta é moi socorrida por peregrinos e viaxeiros. Con todo, agora é o propio Eixo o que celebra que, grazas ás súas xestións, a conexión directa volverá estar operativa antes de final de ano.

 

 

MEDIADOS DE DECEMBRO

Así o anunciou o presidente da entidade, Luís Nobre, á fronte das conversacións con Pedro Moreira, presidente de Comboios de Portugal, que datou a continuación do servizo entre os dous países para decembro de 2025.

 

Moreira confirmoulle a Nobre que nestes momentos, por cuestións operativas, os pasaxeiros están obrigados a facer transbordo en Viana do Castelo, onde é alcalde o propio Nobre, cambiando de tren e combinando modelos eléctricos e diesel. Este cambio débese a atrasos na liña co Algarve, o que obrigou a Portugal a derivar algúns esforzos ao sur, e á "dispoñibilidade limitada de automotoras da serie 592, alugadas a RENFE, que alcanzaban o límite contractual de uso".

 

 

En calquera caso, a organización lusa confirma que a medida se estableceu para evitar "calquera suspensión ou adiamento", e que será "a medidado de decembro" cando se corrixirán as obras no Algarve e recupérense as locomotoras que volverán operar entre Vigo e O Porto sen necesidade de transbordo. 

 

Tren celta
Tren Celta

 

ALTERNATIVAS

O Eixo, no entanto, ten unha ambición maior á ruta entre as dúas cidades. Na súa exposición, defende ademais unha proposta para que o servizo se xestiones por "unha empresa mixta" que substitúa a Renfe e Comboios de Portugal, firma que utilizaría "trens de bitensión e permita ampliar a conexión até A Coruña".
 

Por outra banda, e ante a posibilidade de que o servizo non experimente melloras, o Eixo propón unha alternativa como o emprego de "operadores privados avaliar o seu interese en prestar servizo nesta liña", abrindo a porta ao interese de empresas que atopen atractiva a explotación desta ruta que ano a ano gaña viaxeiros.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE