Portugal

O Eixo Atlántico culpa a Feijóo de manter parada a Eurorrexión
O Eixo Atlántico lamentou que, a piques de chegar ao seu 30º aniversario, "a eurorrexión está desaparecida" e tachou de "publicidade e propaganda" os "logros" que as administracións, especialmente a Xunta, "queren vender" sobre esta eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Luz verde ao primen tren privado de Galicia, que unirá varias cidades con Porto

Os galegos poderán viajer en trens diferentes aos de Renfe en canto Arriva poña en servizo a súa liña que unirá o Corredor Atlántico co norte de Portugal

Fin da folga que causa desavastecimento nas gasolineiras de Portugal

A folga de transportistas no país luso comezou o pasado luns e desde a noite do martes o país tiña declarada a "alerta por crise enerxética" .

Alerta por crise enerxética en Portugal: centos de gasolineiras sen combustible

Pensaches en ir a Portugal esta semana Santa? Pois debes saber que centos de gasolineiras en país veciño sofren unha grave falta de combustible por mor da folga de transportistas de mercadorías perigosas

Unha fronteira para descubrir e non só para cruzar

O Eixo Atlántico impulsa un novo concepto para poñer en valor o turismo, o patrimonio natural e cultural dos territorios de fronteira.

ASMIG solicita ao goberno de Portugal que actúe contra a oferta do SERGAS

A Asociación de Médicos Interinos de Galicia mandou unha petición á embaixada de Portugal en España para que “reaccione ante a oferta do SERGAS”, que contrata a médicos de familia e pediatras portugueses dobrándolles o soldo.

O SERGAS “ficha” a médicos de familia e pediatras portugueses pangándoles o dobre

Esta xogada da sanidade galega preocupa á ‘Ordem dous Médicos’ do país luso, que non pode competir cos soldos que oferta o servizo galego.

Portugal vixía con lupa a polución de Megasa en Seixal

A planta de Megasa en Seixal, ao sur de Portugal, está no punto de mira dos veciños da localidade e diversas institucións lusas, que a acusan de contaminar o aire.

O Eixo Atlántico carga contra os Orzamentos por obviar a conexión de tren de Vigo con Portugal
O Eixo Atlántico trasladou este mércores a súa "profunda decepción e malestar" polo "impacto moi negativo" que terán os Orzamentos Xerais do Estado (PGE) na vertebración da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, ao non contemplarse partidas para o saída sur ferroviaria desde Vigo.
Morre un médico galego nun accidente de helicóptero
Un médico español, orixinario da Coruña, e outras tres persoas faleceron ao estrelarse un helicóptero de emerxencias sanitarias nunha zona montañosa preto da localidade do Porto, no norte de Portugal, segundo informaron os servizos de emerxencias do país.
O ‘Eixo Atlántico’ contará con 4,3 millóns para os seus proxectos

O orzamento do ‘Eixo Atlántico’ para o próximo 2019 será de 4,3 millóns de euros, despois da aprobación da comisión executiva, aínda que queda ser ratificado pola asemblea xeral o próximo febreiro para que sexa efectiva.

Entidades de hispano-portuguesas reclaman impulsar o Corredor Atlántico


Ante o próximo cume bilateral en Valladolid, a A Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas defende a elaboración dun tratado bilateral España-Portugal actualizado ademais da constitución dunha comisión para potenciar o corredor 

Obreiros portugueses en Galicia: “unha vulneración de dereitos que roza á escravitude”

En declaracións a Galicia Press, o Secretario Nacional da Federación da Construción e a Madeira pola CIG, Plácido Valencia, debulla a precariedade laboral na que viven moitos traballadores da construción, tanto portugueses como galegos. 

Portugueses traballando a "4 euros a hora" nas obras públicas galegas


A CIG e o sindicato portugués CGTP-IN seguen estreitando lazos no seu loitar contra a explotación laboral á que son sometidos moitos traballadores lusos en Galicia. A man de obra portuguesa enfróntase en España a "soldos de 4 euros a hora" e condicións "que rozan a escravitude"

Galicia e Portugal estrean fronteira


A partir deste domingo España e Portugal delimitan polo miúdo a que estado corresponde cada parte da desembocadura do Miño e do Guadiana.

Por cada fábrica en España, Inditex ten 3,7 fábricas en Turquía

En 2017, a compañía detectou 263 incumprimentos do Código de Conduta. A maioría das fábricas do xigante téxtil atópanse en Asia

O Eixo Atlántico sinala a hipocrisía de Feijóo sobre a conexión ferroviaria entre Galicia e Portugal

Afirman que o Eixo Atlántico foi a "única entidade" que expuxo a necesidade ao Ministerio, chegando a encargar un informe sobre o desenvolvemento e os custos da obra ao profesor Rodríguez Bugarín 

Emprendedoras galegas e portuguesas "con sal nas veas" únense en Mulleres Atlánticas

O obxectivo principal da iniciativa é empoderar e visibilizar ás mulleres emprendedoras do noroeste da Península, así como destacar o talento feminino e a calidade dos seus produtos e marcas

"Os eucaliptos gañan por incomparencencia doutras actividades no monte"

As vagas de incendios arrasan todos os anos Galicia e o norte de Portugal debido á mesma razón de fondo: o abandono das aldeas. Esta é unha das conclusións alcanzadas hoxe en Braga durante a Conferencia “Segurança Transfronteiriça. Ligações norte de Portugal-Galiza” na que participaron algúns dos maiores expertos de ambos os lados da fronteira.

Empresa alemá operará catro trens entre Galicia e Portugal

Mentres Renfe ofrece excasas conexións, Deutsche Bahn terá pronto catro trens con paradas en A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo Guixar, Valença do Minho, Nine e Porto Campanha.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress