"A maioría absoluta non implica poder absoluto"

Carmen P. Flores

O goberno de Acosta subiu as pensións, o soldo aos funcionarios, inxectou máis diñeiro á sanidade e á educación e Portugal creceu máis que a media da UE. A xestión foi un modelo para seguir.



Arquivo - O primeiro ministro de Portugal, Antonio Costa (i) e o presidente do Goberno, Pedro Sánchez (d), comparecen en rolda de prensa, na XXXI Cume Hispano-Portugués

António Costa con Pedro Sánchez @ep


Nas eleccións que se celebraron en Portugal o pasado domingo, o líder socialista e primeiro ministro António Acosta conseguiu alzarse coa maioría absoluta o que lle vai a permitir gobernar en solitario. Unha vitoria que as últimas enquisas non prognosticaban e que puxeron de manifesto que o Bloque de Esquerda (BE) e especialmente os comunistas do (PCP) sufriron unha derrota sen discusión que os deixa moi tocados. Eran os dous partidos que daban apoio ao goberno de Acosta. E os “causantes” da convocatoria dos novos comicios.


A imposibilidade de aprobar os orzamentos pola oposición do BE e do PCP, máis algunha que outra traba que puxeran ao goberno de Acosta colmou o vaso do primeiro ministro e do propio presidente portugués. Ninguén pensaba que a saída podería ser a convocatoria dunhas novas eleccións. Acosta é unha persoa que ten as ideas moi claras e estaba xa ata os cumios dos seus aliados. Lanzouse ao rodo sabendo que a xestión de goberno que estivera facendo ata o de agora era boa e que os seus compatriotas entenderían a mensaxe: "Quero unha maioría para poder gobernar”, dixera na súa campaña electoral.


“A maioría absoluta non implica poder absoluto” dicía nada máis coñecer os resultados que lle van a dar tranquilidade durante o próximos catro anos de goberno. A pesar desa maioría absoluta, anunciou que quere seguir dialogando a dereita e esquerda. Acosta é unha persoa dialogante, sinxela e próxima


A vitoria abafadora dos socialistas portugueses viuse no socialismo español como unha situación que podería reproducirse en España, o que deu ínfulas aos socialistas. Claro que hai diferenzas entre a maneira de gobernar , aínda que os dous sexan socialistas .O goberno de Acosta subiu as pensións, o soldo aos funcionarios, inxectou máis diñeiro á sanidade e á educación e Portugal creceu máis que a media da UE. A xestión foi un modelo para seguir. Lembremos que o Programa de Estabilidade 2021-2025 que presentou o pasado ano e que acompañou ao Plan de Recuperación presentado á Unión Europea, definiu unha presión fiscal á baixa ata o 2025. Portugal non aplica impostos sobre o patrimonio, nin impostos sobre sucesións e doazóns entre pais e fillos. O que significa que os impostos en Portugal son máis baixos en España e que Acosta non se deixou levar polas peticións dos seus “socios” BE e PCP, cousa que non está a ocorrer no goberno de Sánchez, onde Unidas Podemos pon condicións, ademais de ir por libre e crear máis dun problema.


O socialista Acosta foi valente convocando eleccións, Sánchez, segundo as súas propias palabras, non quere romper o pacto cos podemitas: non lle interesa ou non se atreve. Quizais agora, vendo sucedido no país veciño e con algunha escusa - que a ten- se envalentone e rompa o goberno de coalición e convoque eleccións. Agora, o seu rival político, o PP, non está no seu mellor momento electoral polas disputas internas que están a vivir, máis a axuda externa de José María Aznar, que cando fala “sobe o pan”. Estará disposto Sánchez a tirarse á piscina como o seu colega portugués? Depende, porque España non é Portugal, nin a forma de gobernar tampouco.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE