Así son os novos clans do narcotráfico galego: máis internacionais, máis diversificados e sempre fiables

Máis de sete toneladas de 'fariña' incautadas en oito grandes operacións proban a puxanza de nos novos narcos de Galicia. Os seus clientes xa non só capos de Colombia desexosos de colocar a súa cocaína en Europa. Agora tamén traballan para mafias de Europoa do Leste e mesmo para bandas do Estreito de Xibraltar ás que ofrecen, ademais do clásico servizo de transporte, o deseño e a construción das míticas planadoras galegas.


|

Alijo de cocaína localizado en un bosque de Peniche en una foto de la GNR de Leiria
Alixo de cocaína localizado nun bosque de Peniche nunha foto da GNR de Leiria

No que levamos de ano interviñéronse en Galicia máis de 6 toneladas de cocaína en operacións contra o narcotráfico internacional.  Ademais, clans galegos están detrás dos dous alixos de máis de 1,3 toneladas descubertos no inverno na zona de Leiria, Portugal.

 

Unha volume que só se superou en 2020 , cando, aproveitando que en teoría as forzas da orde estaban centradas en controlar a cidadanía durante a pandemia, os clans déronse a un stakhanovismo, que levou ás forzas da orde a aprehender 13 toneladas en seis meses.

 

Coa abordaxe do pesqueiro venezolano Sophie a finais de xullo, son polo menos oito as operacións contra o narcotráfico internacional na que se interviñeron 50 quilos ou máis de fariña este ano no país

 

En definitiva, os números non amenten, o narcotráfico galego leva anos traballando a todo pistón, a un nivel comparable ao dos os seus anos dourados, finais dos 80 e principios dos 90.

 

DIFERENZA ENTRE NOVOS E NARCOS CLÁSICOS

A diferenza dos grandes nomes daquel primeiro boom do tráfico de cocaína nas nosas costas, os novos narcotraficantes son descoñecidos para o gran público. 

 

Laureano Oubiña presenta en Madrid sus memorias, 'Oubiña. Toda la verdad'
Laureano Oubiña presenta en Madrid as súas memorias, 'Oubiña. Toda a verdade' nunha foto de arquivo

 

Os clásicos seguen sendo fonte de titulares, a maioría das veces ao seu pesar. Marcial Dourado pola súa pasada amizade con Alberto Nuñez Feijóo, Sito Miñanco polos seus problemas coa Lei -acaban de ratificar que irá a xuízo pola Operación Mito-, Falconetti polo atropelo en Vilanova, etc.

 

  Ao único que non lle molesta os focos é a Laureano Oubiña, que se pasea polo país promocionando o seu libro -Toda a Verdade, agora é a miña quenda- e gañar a vida como comerciante de roupa coa súa cara en mercadillos.

 

 

 

A diferenza daqueles tempos nos que personaxes como Miñanco convertéronse en heroes populares para algúns e archiviláns para outros, ninguén sabe quen son os grandes capos do tráfico de cocaína en Galicia agora. Polo menos o gran público non os coñece.

 

Como moito, soan os nomes dalgúns clans recorrentes, os panadeiros, os santorum, vos pasteleiros, etc. cando a Policía os detén en operacións que non sempre acaban en condenas. 

 

Hai varios motivos que explican este semi-anonimato . O primeiro, é que hai tempo que os narcos galegos han aprendido que é mellor voar baixo radar para ter máis opcións de esquivar ás forzas da orde. En segundo lugar porque, á fin e ao cabo, eles son simplemente intermediarios e os seus clientes valoran, ademais da súa seriedade -un galego pode perder un alixo nun naufraxio ou nunha operación policial pero non vai quedar nunca coa droga- a súa discreción.

 

E é que a pesar da mitoloxía que se foi construíndo sobre o narcotráfico en Galicia -mitoloxía que Netflix volverá explotar coa estrea de Clans, a serie que Tamar Novas e Clara Lago filmaron esta primavera- o certo é que o papel dos galegos nas redes internacionais é secundario, aínda que imprescindible. 

 

 

 

 

O seu rol segue sendo o que era, introducir os estupefacientes desde o estranxeiro a Europa, xa sexa polas costas de Galicia, de Portugal ou de Asturias. Escondelos brevemente e entregalos a algunha mafia a cambio dunha porcentaxe do seu enorme valor. 

 

Archivo - Un policía junto a la planeadora varada en la playa de Nemiña, a 24 de marzo de 2023, en Muxía, A Coruña
Arquivo - Un policía xunto á planadora varada na praia de Nemiña, a 24 de marzo de 2023, en Muxía, A Coruña

 

Os clans galegos que introducen a cocaína a bordo de pesqueiros, planadoras, veleiros e mercantes non se dedican á distribución. De feito, é frecuente que cando cae algún narco de medio pelo cae cunha cantidade modesta de fariña,o produto proceda doutros puntos de España.

 

De Galicia salguen toneladas e volven uns quilos para o menudeo local. Sempre foi así, a cocaína a pé de rúa é moito máis cara no país que nas grandes urbes europeas porque, entre outros factores, pasou por máis intermediarios. 

 

MÁIS SOCIOS INTERNACIONAIS

Unha diferenza crave entre os clans actuais e os vellos pioneiros do narcotráfico é o nivel de internacionalización. Hai décadas, os galegos limitábanse a facer de intermediarios entre os suramericanos -sobre todo colombianos- e as mafias europeas, a miúdo holandeses ou italianas.

 

Un conjunto de sacos en la entrada de una vivienda donde se ha encontrado un laboratorio de cocaína, a 22 de marzo de 2023, en San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade, Pontevedra, Galicia (España). Al
Un conxunto de sacos na entrada dunha vivenda onde se atopou un laboratorio de cocaína, a 22 de marzo de 2023, en San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade, Pontevedra, Galicia (España). 

 

Con todo, estes roles tradicionais -subministrador suramericano, transportista galego e distribuidor europeo- están cada vez máis diluídos. Así o proba, por exemplo, a detención de colombianos no maior laboratorio de transformación de pasta de coca de Europa incautado xamais, o desmantelado este ano en Cerdedo - Cotobade. Os colombianos non só usan Galicia como porta de entrada, empezan a utilizala tamén como base loxística de transformación e redistribución. Algo moi preocupante, dada a violencia que vén aparellada con estes grupos.

 

 

 

 

Os galegos xa non fan de transportistas só para colombianos. Cada vez é máis a súa implicación coas mafias andaluzas e gibraltareñas. Os transportistas do Estreito lograron entrar en contacto cos grandes clans suramericanos -colombianos e mexicanos- e ás veces subcontratan aos fiables galegos para a loxística.  Por exemplo, o país segue sendo o berce das narcolanchas. Empresarios galegos fabrican en naves do país ou de Portugal as planadoras que despois asucan non só o Atlántico, tamén o Estreito de Xibraltar. O ano pasado caeu unha red que fabricaba narcolanchas en Galicia que posteriormente se empregarían para a introdución de grandes cantidades de haxix en augas do estreito de Xibraltar.

 

Archivo - Interior de una nave registrada en el operativo policial dirigido por un juzgado de Vigo contra un entramado dedicado a fabricar 'narcolanchas', que se saldó con 59 detenidos y 47 embarcaci
Arquivo - Interior dunha nave rexistrada no operativo policial dirixido por un xulgado de Vigo contra un armazón dedicado a fabricar 'narcolanchas', que se saldou con 59 detidos e 47 embarcacións incautadas

 

Outros actores relativamente novos son as mafias do Leste. Tradicionalmente ligadas ao tráfico de heroína, nos últimos anos utilizaron aos clans galaicos para importar cocaína suramericana coa que diversificar o seu negocio. Así o proba, por exemplo, a detención de varios cidadáns albaneses en aldeas de Lugo e A Coruña, onde estaban a cargo de plantacións de marihuana coas que se financiou, di a Policía, os 1,5 toneladas de cocaína que ían a bordo do Sophie.

 

A do pesqueiro Sophie abordado polo Petrel I cando levaba 1,5 toneladas en augas de Cabo Verde a finais de xullo é a oitava operación de gran calado das forzas da orde contra o narcotráfico internacional relacionado con Galicia:

 

Agentes descargan la cocaína encontrada a bordo de la planeadora barada en Peniche en una imagen del canal de youtube de rtvonlive
Axentes descargan a cocaína atopada a bordo da planadora barada en Peniche nunha imaxe da canle de youtube de rtvonlive

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE