Residencia Salvatierra SL é a entidade xestora do asilo de Salvaterra de Miño. A Xunta interveuna en outubro ao entender que os donos eran incapaces de controlar un brote de coronavirus.
O 'Cyklo 1' anda polos 80 anos e hai tempo que non constaba ningunha reforma nin traballo. Arribou en Cariño hai unhas semanas, levantando as sospeitas dos funcionarios galegos. Sospeitas que se confirmaron hoxe ao abordar o barco.
A Garda Civil detén a catro persoas acusadas dun asalto que indica un aumento da violencia entre os clans de narcotraficantes das Rías Baixas.
O narcotraficante declara que lle pediron que publicase "merda" sobre Rajoy e Feijóo , ao que votará nas autonómicas deste veran Marcial Dorado insiste en que el e Alberto Nuñez Feijóo eran moi amigos, tanto que o entón número 2 da Consellería Sanidade durmía na súa casa e a súa muller facíalle o almorzo.
O exercito colombiano entra a tiros nun laboratorio dos disidentes da Fronte 21 do antigo grupo armado e os GEO desarticulan outro laboratorio en España. Segundo a Policía, a organización ten relación con narcos de Galicia. De feito, relacionan a "sobreproducción" de cocaína co narcosubmarino de Aldán.
O delegado do Goberno en Galicia acaba de explicar que incautaron unhas tres toneladas de cocaína a bordo do primeiro submarino transoceánico capturado aos narcos do país.A nave pasará á Escola Naval de Marín e será inspeccionada en detalle na instalacións da Armada Española.Javier Losada indicou que a incautación supón un salto cualitativo na loita contra o narcotráfico galego.
A autoridades lograron conducir o submarino afundido o domingo ao porto de Aldán. Agora comprobarán a cantidade de cocaína embarcada. A Xustiza manda a prisión aos dous ecuatorianos por tráfico de drogas de notoria importancia. Con todo, o terceiro tripulante que escapou a nado, o galego que supervisaba o desembarco, segue sen aparecer.
O 'narcosubmarino' afundido na Ría de Aldán segue baixo o mar, a pesar de que as autoridades pasaron todo este luns traballando no seu reflotamiento.Segundo fontes próximas á operación, o seu rescate é complicado xa que ao deixar a escotilla aberta os narcos lograron que se enchese de auga.