Vilagarcía: a Policía apresa a unha camareira con máis de 30 envoltorios de cocaína nun bar

|


Bolsas de cocaína listas para a venda polo miúdo incautadas nun bar de Vilagarcía de Arousa

A Policía Nacional prendeu a unha muller de 28 anos veciña de Vilagarcía de Arousa que traballa como camareira nun bar da localidade arousá onde se traficaba con cocaína.

DROGA ENVOLTA PARA A VENDA
A muller foi arrestada no marco dunha operación contra a venda de droga polo miúdo desenvolvida por axentes da comisaría de Vilagarcía da Policía Nacional.

Tras ter indicios de que no establecemento de lecer poderíase estar menudeando con droga, os axentes realizaron unha inspección no local, onde se incautaron de 33 bolsas que contiñan cocaína listas para a venda, ademais de 780 euros en billetes fraccionados.

Segundo detalla a policía nun comunicado, os estupefacentes estaban dispostos para a súa venda no propio establecemento. Por iso, a camareira do local foi detida como responsable dun delito contra a saúde pública.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE