Parada de Derby Motoreta's Burrito Kachimba na Sala Capitol de Santiago o próximo mes de marzo
A banda co nome máis irreverente do panorama nacional actuará na capital galega o 20 de marzo.
O 20 de marzo comeza oficialmente a primavera e, para dar a benvida ás flores, os compoñentes de Derby Motoreta's Burrito Kachimba elixiron a comunidade galega para tomar alento no seu fin de xira, programando un concerto na capital galega onde dar renda solta á súa kinkidelia.
ROCK ANDALUZ NA CAPITOL
A formacioón sevillana, unha das máis irreverentes da escena nacional, deixarase ver na Sala Capitol de Santiago de Compostela con motivo da xira de presentación do seu último traballo 'Bolsa Amarela e Pedra Potente', onde pon a proba esa mestura de rock andaluz, psicodelia e novas tendencias.
Este último álbum, o terceiro da súa discografía, alcanzou a cima de vendas de vinilos en España, o que deixa a DMBK como unha das bandas máis demandadas polo gran público nestes momentos. Proba diso son os seus cheos en Sevilla, Madrid ou Barcelona, ademais de actuacións internacionais en Irlanda, Portugal, México ou Reino Unido.
Soando xunto a inmortais como Kiko Veneno ou Rocío Márquez, a banda galardoada co Premio Ruído ao Mellor Álbum Nacional, chegará a Galicia para repasar os temas do seu novo disco pero tamén dos seus anteriores traballos, antesala do seu fin de festa no WiZink Center de Madrid.
Escribe o teu comentario