En marcha a planificiació de 'O Gran Camiño 2025' na súa edición máis grande: cinco etapas e inicio en Portugal
Alfonso Rueda, presidente da Xunta, e Ezequiel Mosquera, directora da pueba, reuníronse hoxe coa entrega ao mandatario dunha camisola asinada por Jonas Vingegaard, vixente campión.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo un encontro co director da proba ciclista 'O Gran Camiño', Ezequiel Mosquera, que lle entregou un cadro coa camisola amarela asinado polo último gañador desta competición, Jonas Vingegaard.
Durante a reunión, segundo informou o Goberno galego nun comunicado, fixeron balance da boa acollida da edición deste ano, que contou coa participación de 118 ciclistas de 17 equipos.
A proba tivo unha forte repercusión internacional, con dúas horas de retransmisión diaria en 170 países e seguida por xornalistas de todo o mundo, con presenza de profesionais de Países Baixos, Italia, Venezuela, Colombia, Ecuador, Bélxica, Dinamarca ou Portugal.
'O Gran Camiño 2025' contará cunha etapa máis, cinco en total. Como noutras edicións, haberá unha etapa por provincia, pero nesta ocasión a inaugural sairá fóra das fronteiras da comunidade. Portugal e o Camiño Portugués, serán os anfitrións e protagonistas da primeira etapa.
Deste xeito, esta competición servirá tamén para que Galicia "reforce os lazos" co país veciño que, historicamente, serviu de trampolín para a proxección dos ciclistas galegos.
O obxectivo é consolidar 'O Gran Camiño' --que conta coa colaboración da Xunta a través da Axencia Turismo de Galicia e da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes-- como "referente do ciclismo profesional mundial" e promover que siga actuando como un escaparate da comunidade para atraer máis visitantes.
Escribe o teu comentario