Inditex sofre un ciberataque, os hackers acceden a datos dos clientes

A multinacional galega Inditex comunicou a detección dun acceso non autorizado a bases de datos xestionadas por un provedor tecnolóxico externo, que contiñan información relacionada coa actividade comercial de clientes en distintos mercados. 


|

Archivo - Marta Ortega ha presidido la Junta General de Accionistas de Inditex en la sede de la compañía en Arteixo,  A Coruña, este martes
Arquivo - Marta Ortega presidiu a Xunta Xeral de Accionistas de Inditex na sede da compañía en Arteixo,  A Coruña, este martes

A empresa con sede en Arteixo (A Coruña) diceha posto en marcha de inmediato os seus protocolos internos de seguridade e notificou o incidente ás autoridades competentes. A orixe do acceso ilícito atoparíase nun fallo de ciberseguridad sufrido por un antigo provedor tecnolóxico, que afectaría a distintas compañías internacionais. 

 

Inditex recalca que os seus sistemas e operacións non se viron comprometidos, polo que os servizos en liña e as transaccións dos clientes continúan funcionando con total normalidade. 

Segundo informou o grupo, o incidente non afecto a datos persoais sensibles como nomes, domicilios, contrasinais ou métodos de pago.

 

A información comprometida limítase á “relación comercial con clientes” en varios países, sen incluír datos persoais nin económicos. En palabras do grupo, non se filtraron nomes, teléfonos, direccións, contrasinais, cartóns bancarios nin ningún outro medio de pago. Este detalle é clave para os millóns de clientes que ten o grupo fundado por Amancio Ortega.

 

Fontes corporativas confirmaron que o incidente foi detectado durante a noite do mércores e que a compañía actuou con rapidez para bloquear posibles consecuencias e garantir a transparencia ante os seus clientes. Inditex insistiu en que a súa infraestrutura tecnolóxica central mantense completamente segura.

 

Aínda que este ataque non tivo consecuencias graves, a alerta sobre a vulnerabilidade dos provedores externos reforza o debate sobre as medidas de control que as empresas deben aplicar á súa cadea tecnolóxica. A dependencia de servizos de terceiros é hoxe unha das principais vías de entrada de ataques cibernéticos. 

 

O prezo das accións de Inditex parece que non se viu afectado, pois á apertura dos mrcados cotizan moi levemente á alza.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE