​Conclúe a electrificación da liña entre Viana do Castelo e Valença, que achega a conexión Lisboa - A Coruña

Os labores de electrificación na 'Liña do Minho' permiten recortar en 15 minutos o traxecto en tren entre Vigo e O Porto.


|

As labores de electrificación na 'Liña do Minho' permiten recortar en 15 minutos o traxecto en tren entre Vigo e Oporto.


Desde o Eixo Atlántico celebran que, a falta de que conclúa a electrificación do tramo entre Tui e Guillarei, a tan desexada conexión entre a capital portuguesa e a cidade herculina está cada vez máis preto.


Vazquez mao costa presidente portugal eixo atlantico

De esquerda a dereita, Manuel Rodrigues Lopes alcalde de Valença; António Costa, Primeiro Ministro de Portugal; Xoan Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico, e Jose María Costa, alcalde de Viana do Castelo | Foto: Eixo Atlántico


“Do centro de Vigo ao centro de Oporto nunha hora con parada no aeroporto? Con liña ata Coruña que a conecte con Lisboa en catro horas? Onde hai que asinar?”. As preguntas son de Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico, e a resposta parece que está ao caer. Cuestionado sobre a polémica liña de Alta Velocidade entre Vigo e Oporto proposta pola Xunta, a aposta do Eixo está dirixida a alternativas máis eficientes, menos custosas e reais, xa que están preto de cristalizarse.


Hoxe o Goberno de Portugal inaugurou a electrificación da 'Linea do Minho' que conecta as localidades do norte de Portugal de Viana do Castelo e Valença. A actuación permite reducir nun cuarto de hora o traxecto que conecta Vigo e Oporto e supón un paso máis cara á conexión Lisboa – A Coruña, pendente en gran medida de que conclúan as obras no tramo Tui – Guillarei. Unha vez finalice este tramo, o tempo de viaxe entre a cidade olívica e O Porto pasará das 3 horas a pouco máis dunha hora. 


Ao acto, no que estivo presente o primeiro ministro luso, Antonio Costa, xunto co ministro de Infraestruturas, Pedro Nuno Santo, foi tamén invitado Vázquez Mao por parte do goberno porgués. Con esta inauguración, e sumándoa á conexión no tramo entre Nime e Viana, a 'Liña do Minho' goza do sistema de tracción eléctrica desde Oporto a Valença, o que se traduce nun avance fundamental en materia de transporte e infraestruturas.


O proxecto contou cun investimento ao redor dos 19 millóns de euros “con preto de 49 quilómetros” que incluíu a instalación da catenaria, a execución de dúas estacións técnicas de 750 metros para trens de mercadorías ou a “impermeabilización dos túneles de Camiña, Seixas e Gondarém”.


Electrificación do tramo Guillarei-Tui-Fronteira Portugesa

Electrificación do tramo Guillarei - Tui 


PENDENTES DA APERTURA DAS FRONTEIRAS

Agora, con Portugal cada vez máis preto, o que á súa vez abre a porta para gozar das moitas conexións de destinos internacionais como as que dispoñen os aeroportos do Porto e Lisboa, moitos galegos esperan o levantamento das restricións que, nestes momentos, impide a mobilidade entre as fronteiras de Galicia e o país veciño


Eurodeputados, organizacións locais e concellos de 'A Raia' reclamaron recentemente a flexibilizacion desta medida que supón un duro lastre para a economía de Galicia e o norte de Portugal.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE