A Xunta nega a morte de dous pacientes en URXENCIAS e a oposición pide explicacións

Asegura que non houbo enfermos triados como "urxencia vital" esperando "inadecuadamente" e abre unha investigación para aclarar os feitos

|

Morreron dous pacientes nos corredores de urxencias do hospital de Santiago? Depende a quen se lle pregunte. O sindicato u MEGA denunciouno  nos xulgados e ante a prensa, pero a Xunta négao. Por agora, o que está claro que a Fiscalía abriu investigación e que a oposición ve outro exemplo da grave crise que sofre o SERGAS.


VERSIÓN DE LA XUNTA

A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, que encabeza a curmá do presidente Eloína Nuñez,  negou "rotundamente" a morte de dous pacientes nos corredores das urxencias do Hospital Clínico o pasado día dous de xaneiro e asegurou que non recibiu ningunha comunicación oficial dos supostos feitos.



Eloina

A xerente do SERGAS en Santiago Eloína Nuñez


Así o manifestou a dirección do CHUS nun comunicado despois de que este venres a médico de urxencias do CHUS e delegada de Prevención do sindicato O'Mega na xunta de persoal, Fátima Nercellas, informase de que nesta mesma xornada puxo en coñecemento da Fiscalía estes feitos.


A OPOSICIÓN PIDE QUE O CONSELLEIRO DEA A CARA

Varias forzas políticas  expresan xa a súa preocupación. Desde o PSdeG, o deputado autonómico Xullo Torrado esixe explicacións tanto ao presidente como ao Conselleiro por "o falecemento de dous pacientes en urxencias do CHUS o pasado 2 de xaneiro".


O BNG reclama que Jesús Vázquez Almuíña compareza xa no Parlamento. Os nacionalistas queren que o conselleiro de Sanidade explique a "morte de dous pacientes"   por "falta de atención médica tras o colapso no servizo denunciado polo sindicato Omega ante Fiscalía". O seu portavoz en Sanidade, Montse Prado, pide a "dimisión" do conselleiro.



Compostela Aberta lembra que este mércores as rúas "enchíanse" pedindo máis medios para urxencias, en referencia á manifestación do venres, e "hoxe sabemos que a Fiscalía investigará dúas mortes en urxencias o 2 de xaneiro".


ACUSACIÓNS DO SERGAS AOS DENUNCIANTES

O SERGAS respondeu que tras explicar que abriu unha investigación interna para "esclarecer os feitos", a Xerencia mostrou a súa "preocupación" pola difusión de "este tipo de informacións" sen unha "profunda investigación previa" e fixo un chamamento á "responsabilidade" para "non causar unha alarma innecesaria á poboación".


"Todos os pacientes son triados por profesionais sanitarios ao entrar en urxencias, do que deriva o establecemento da súa prioridade na atención", sinala a dirección, que subliña que "en ningún caso houbo pacientes triados como urxencia vital esperando inadecuadamente a ser atendidos".


Ademais, a Xerencia sinalou que "en todo momento houbo ocos libres" en diferentes espazos do propio servizo de urxencias, como na sala de observación, curas, cadeiras de brazos... "Ese día reforzouse a atención con máis persoal e estaban a disposición todos os espazos", engadiu a xerencia que apunta que nas plantas "tamén houbo camas dispoñibles en todo momento".


UNS 80 PACIENTES EN DÚAS HORAS

No seu comunicado, a Xerencia indicou que na xornada do día 2 de xaneiro deuse unha circunstancia "totalmente inusual" xa que "nun período de dúas horas", entre as 15,00 e as 17,00 horas e coincidindo co cambio de quenda dos profesionais, "entraron máis de 80 novos pacientes no servizo de urxencias".


Con todo, asegurou que no período vacacional de Nadal houbo unha afluencia de pacientes "inferior á habitual" nestas datas (587 pacientes menos que no mesmo período de 2017). Así, sinala que só se superou a media diaria de atencións (325 pacientes de media ao longo do ano) os días 26, 27 e o día 2 de xaneiro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE