Camiñar ata Santiago para visibilizar a miastemia

A xerencia da área de Santiago de Compostela súmase á celebración do Día Internacional da Miastemia organizando dous actos relacionados con esta patoloxía.



|

Caminosantiago 1


A miastenia é unha patoloxía neuromuscular autoinmune e crónica. Persoas afectadas por esta enfermidade percorren este sábado o tramo final do Camiño de Santiago para visibilizar a súa afección, coa colaboración de a Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias (Semes), o Concello de Santiago de Compostela e Urxencias Sanitarias de Galicia-061. 


Así, organizado pola Asociación Miastenia de España (AMES), un grupo de afectados por esta enfermidade percorrerá os últimos quilómetros do Camiño de Santiago "para dar visibilidade e pedir o recoñecemento dunha enfermidade que coa que conviven 10.000 persoas no país", indicaron.


Este grupo, que realiza o Camiño adaptado desde o día 29 de maio, estará na súa última etapa acompañado por unha dotación de soporte vital básico do 061 "para asegurar que realizan o percorrido sen ningún risco", explicou a entidade organizadora.


Á súa chegada a praza compostelá do Obradoiro, sobre as 12,30 horas, serán recibidos por representas da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias e da Dirección Asistencial do 061, quen os acompañará ao Concello de Santiago, onde lles espera unha recepción no Salón Nobre.


DÍA INTERNACIONAL DA MIASTEMIA

A conclusión do Camiño de Santiago coincide co Día Internacional da Miastemia, o 2 de xuño. La xerencia da área de Santiago de Compostela súmase á celebración organizando dous actos relacionados con esta patoloxía. 


Pola mañá, a Unidade de enfermidades neuromusculares do Hospital Clínico organiza a IV Reunión do Grupo de estudo de enfermidades neuromusculares con profesionais da neurología de toda Galicia. 


Xa pola tarde, ás 18.00h, recibirán ás persoas con miastenia participantes no Camiño no Clínico. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE