Traballadores demandan a Eloína Nuñez máis persoal en Urxencias

Persoal do servizo de urxencias do hospital clínico de Santiago emitiu un comunicado, a través do sindicato PROL SAGAP, no que denuncia a deterioración progresiva do servizo. É máis, no acusa á gerenta, Eloína Nuñez Feijóo, curmá do presidente da Xunta, de prestar "escasa atención" e prometer medidas que non cumpre.


|

Persoal do servizo de urxencias do hospital clínico de Santiago emitiu un comunicado, a través do sindicato PRO SAGAP, no que denuncia a deterioración progresiva do servizo. É máis, no acusa á xerenta, Eloína Nuñez Feijóo, curmá do presidente da Xunta, de prestar "escasa atención" e prometer medidas que non cumpre.



Eloina

Eloina Nuñez


O colectivo pon a énfase na falta de persoal e critica os anuncios de restructuración física do CHUS. "É absurdo e irresponsable pensar que se pode mellorar a calidade asistencial atendendo só á restructuración do espazo físico, sen que isto vaia acompañado dun aumento dos recursos humanos, demandado hai moito tempo", argumentan.


Os traballadores demandan "cargas de traballo adecuadas" e un "un aumento na dotación de traballadores do Servizo de Urxencias". Segundo a súa versión, as promesas de máis persoal de hai un ano só se concretaron nun celador máis na quenda de noite.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE