O servizo de oncoloxía do CHUS recibe a máxima certificación internacional

|

EQUIPO ONCOLOXu00cdA e XERENCIA CO CERTIFICADO AMERICANO

Equipo de Oncoloxía do CHUS

O servizo de oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) recibiu o certificado de calidade asistencial en cancro da Sociedade Americana de Oncoloxía Clínica (ASCO). Coa Certificación do Programa QOPI, que é o máximo recoñecemento internacional en calidade, convértese no cuarto hospital español recoñecido pola ASCO


O programa de avaliación da calidade asistencial mide as prácticas asistenciais, a organización, estrutura, recursos materiais e humanos, procesos, planificación do tratamento, capacitación e educación do persoal, administración segura de quimioterapia e seguimento e avaliación do benestar do paciente, ente outros parámetros.


"Ao lograr a certificación, demostramos o compromiso de todos os profesionais do servizo de oncoloxía coa calidade e a seguridade na atención que prestamos aos pacientes, así como ao proceso continuo de mellora", apuntou o Doutor López do Clínico. 


O obxectivo do servizo do CHUS é "conseguir que o paciente reciba a atención o máis preto do seu lugar de residencia e permaneza no seu domicilio todo o tempo posible", segundo explica o Sergas. Así, "facilítase" a atención intrahospitalaria e a coordinación entre niveis asistenciais. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial
Powered by Bigpress