O testemuño dunha facultativa para acabar coos "malos tratos asistenciais" nas urxencias do CHUS (VÍDEO)
O testemuño dunha facultativa de urxencias do CHUS: "Falamos dun mal uso do servizo de urxencias por parte dos xestores, que terían que ter unha gran consideración coa pacientes da área e cos traballadores".
Ante a pasividade por parte da Administración, a Asociación de Pacientes do CHUS publicou un vídeo achega da situación de "malos tratos asistenciais continuados" que sofren pacientes.
Unha vez máis, a asociación denuncia o estado no que se atopan as persoas que ingresan en urxencias en estado de gravidade, que teñen que esperar en cadeiras de rodas e padiolas nos corredores de acceso durante horas. Unha situación que trasladaron á Valedora do Pobo, que non soubo adoptar, segundo expoñen en o vídeo, "medida algunha para protexer o dereito á dignidade dos pacientes e evitar o dano moral do que estamos a ser vítimas".
Na gravación podemos escoitar o testemuño de Fátima Nercellas, facultativa do servizo de Urxencias do Clínico e delegada sindical, que identifica como culpables aos altos cargos. "Falamos dun mal uso do servizo de urxencias por parte dos xestores, que terían que ter unha gran consideración coa pacientes da área e cos traballadores", declara Nercellas. A facultativa define os obxectivos dos xestores como "económicos" e "políticos", no canto de fixarse como meta a saúde e o bo funcionamento dos servizos sanitarios.
Escribe o teu comentario