O persoal da cafetería do CHUS chega a un preacordo
Tras o anuncio da concesionaria de cesar ao xerente, unha das demandas do comité de empres, chegouse a un preacordo que será debatido esta tarde.
Tras o anuncio da concesionaria de cesar ao xerente, unha das demandas do comité de empres, chegouse a un preacordo que será debatido esta tarde.
Manifestación dos traballadores da cafetería do CHUS
O grupo de traballadores da cafetería do CHUS logrou dar un gran paso coas súas reivindicacións. Despois de as xornadas de folga convocadas e do seguimento unánime por parte de todos os traballadores, os afectados conseguiron o cesamento do xerente de Aramark, empresa concesionaria das cafeterías do hospital compostelán, unha das principais peticións tanto dos traballadores e traballadoras como dos sindicatos. Ademais, a CIG anunciou que se chegou a un preacordo polas súas demandas.
O anterior xerente, condenado por acoso laboral a unha das traballadoras (ademais, presidenta do comité de empresa), foi cesado do seu cargo despois das presións ás que se viron obrigadas a exercer os traballadores ante a inoperancia tanto de Aramark como do SERGAS sobre esta cuestión.
No referido ao acordo, que será debatido esta tarde polo persoal da cafetería, o comunicado de CIG-Servizos destaca que “contempla unha bolsa de emprego para o persoal contratado, que terá preferencia para a cobertura de vacantes que se vaian producindo”. Doutra banda, a nota tamén remarca que o preacordo inclúe “a revisión das cámaras de vídeo vixilancia que xa foron denunciadas”, xa que a eliminación das cámaras era outra das reivindicacións do comité.
Xunto co debate sobre o preacordo, esta tarde os traballadores e traballadoras do servizo decidirán se desconvocan ou non os paros que tiñan previstos do 26 ao 30 de novembro.
Escribe o teu comentario