Os traballadores do Hospital de Santiago esixen mais persoal en urxencias para poder atender ben aos doentes

Os traballadores do servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela comezaron ás 8,00 horas desta mañá unha folga de carácter indefinido para reclamar unha maior dotación de persoal.

|


Os traballadores do servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela comezaron ás 8,00 horas desta mañá unha folga de carácter indefinido para reclamar unha maior dotación de persoal.



Protesta do persoal de Urxencias do CHUS



Os paros, que afectarán a todos os colectivos de traballadores, desenvolveranse durante as próximas semanas, ata que haxa acordo, desde as 8,00 da mañá dos luns ata as 8,00 dos xoves.


Con todo, a folga non afectará os pacientes, máis aló de posibles atrasos na atención, porque os servizos mínimos son do 100%. A Xerencia do CHUS explicou que "o primeiro día de folga transcorreu sen incidencias" e que "a afluencia de pacientes discorreu con normalidade".


Ao redor de medio centenar de profesionais protestaron fronte ás portas de Urxencias do Hospital Clínico de Santiago. Durante un cuarto de hora portaron unha pancarta que pedía "unha sanidade pública de calidade" e "urxencias dignas" e protestaron contra a xerente da área sanitaria, Eloína Núñez, curmá do presidente de la Xunta, á que dedicaron cánticos, acusándoa de "aforrar só en persoal".


SERVIZO DE CALIDADE

O presidente da Comisión de Centro, Camilo Agulleiro, falou en representación do Comité de Folga. Explicou que "o que se está reivindicando é a dotación de máis persoal para poder prestar unha asistencia de calidade e que os pacientes non estean acumulados en urxencias". A "mellora da calidade" é principal preocupación dos profesionais.


Neste sentido, Agulleiro asegurou que "non están a pedir máis diñeiro" senón que as reivindicacións viran ao redor da necesidade de "máis traballadores de todos os colectivos". Detallou que hai "saturación" e "sobrecarga de traballo". "A mellora que solicitamos vai repercutir nos pacientes, porque van ser mellor atendidos", insistiu.


Agulleiro lamentou que, o feito de que os servizos mínimos sexan do 100%, impide ao persoal "facer efectivo o seu dereito a folga, algo que podería ser inconstitucional". Isto, ao seu parecer, "é outra proba de que o cadro de persoal está baixo mínimos" e de que "é deficitario".


PRIMEIRA NEGOCIACIÓN

O xoves da semana pasada, segundo detallou Camilo Agulleiro, houbo unha primeira reunión entre ambas as partes, pero sen acordo. O que si que admitiu a Xerencia, tal e como comentou o presidente da Comisión, é que "hai falta de persoal".


Esta semana haberá unha nova reunión na que a Xerencia do CHUS vai presentar unhas propostas de actuación. Agulleiro non quixo facer públicas as cifras de persoal que van solicitar "para non atarnos de pés e mans", pero avisou de que "están dispostos a negociar".


A Xerencia do hospital comentou que continua mantendo encontros cos traballadores "para chegar a acordos que contribúan a seguir mellorando a atención aos usuarios".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE