altri

A manifestación contra Altri busca encher as rúas de Santiago este domingo

"Entendemos que o eucalipto non é a solución. O bosque que protexe, con carballos e castiñeiros, é o que nos deu vida e vainos a seguir dando vida", expresou o presidente da Plataforma Ulloa Viva, Juan Pedro Sánchez

Maratón contra Altri, varios atletas percorrerán 51 km entre Melide e Santiago

"A idea partiu duns corredores que pensaron que era unha boa idea correr coas camisetas contra Altri e a reapertura da mina para visibilizar a necesidade que hai de parar estes proxectos", explica a portavoz da Plataforma Veciñal contra a Mina de Touro-O Pino, Che Cancelo

Besteiro denuncia que o PPdeG ve Lugo como un "decorado rural" para eleccións

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, tamén reiterou as súas críticas ao proxecto de Altri, que ve como "absolutamente errado"

Pedro Alonso: “Cómpre un referéndum sobre o eucalipto”

Haberá en Galicia quen saiba máis de natureza, pero poucos hai que pateasen máis monte que Pedro Alonso. O biólogo detalla décadas na serra atrás do lobo e en loitas ecoloxistas en “A fraga esborrallada. Crónicas naturalistas dacabalo de dous séculos”, crónica de como agoniza a Galicia rural pero tamén das vitorias do movemento ecoloxista galego, que tamén as houbo. Nesta entrevista con Galiciapress, o naturalista aborda temas como Altri, Ence, as eólicas e os incedios. A súa aposta pasa por deixar de considerar o monte só como unha fonte de riqueza e por unha consulta popular sobre as coníferas e os eucaliptos.

Cadea humana contra o proxecto da mina de Touro-O Pino e o de Altri no encoro de Portodemouros

Os convocantes alertaron de que "Altri está a tramitar fondos públicos para o seu Proxecto Gama en Bruxelas, e Cobre San Rafael pretende que as autoridades comunitarias declaren estratéxica a súa explotación en Touro-O Pino"

Temor en Ence-Pontevedra ante a posible venda a Altri: "descoñecemos os plans da dirección"

Ence vive un momento de incerteza laboral. Ante o anuncio de posibles despedimentos colectivos que os traballadores cualifican de “encubertos”. De momento non hai nada aclarado por parte da empresa, nin sequera aclarouse a “visita técnica” de xente de Altri á planta pontevedresa. En tal caso, novembro será un mes de mobilizacións para que a pasteira perfile o seu futuro e o dos e as traballadoras

Altri, encallada en Galicia, advirte que inviste en fibras téxtiles/téxtís en Portugal

Altri non renuncia ao seu proxecto dunha macrocelulosa para Palas de Rei a pesar da negativa do Estado a darlle subvencións e negarlle tamén permiso de conexión á rede eléctrica. Isto é o que se pode deducir do último investimento da compañía, unha campaña de publicidade en parte da prensa galega para promocionar as fibras vexetais para a industria téxtil.

Diego Sande (USC): “Altri non é economía circular, o Estado acertou ao freala”

Un dos maiores expertos en Galicia sobre fondos europeos para I+D+i cre que Altri modificou os seus plans até tal punto que o Estado fai ben en negarlle as subvencións Next Generation, imprescindibles para a polémica fábrica. Así o explica  o profesor de Economía Aplicada da Universidade de Santiago Diego Sande Veiga nesta entrevista ao fío do seu novo libro: "As Políticas rexionais de innovación empresarial de Galiza", produto dunha investigación premiada pola Xunta. As dificultades das pequenas empresas para acceder a subvencións para innovar e a miopía das administracións á hora de entender a innovación no medio ambiente son outros dos temas desta conversación.

Estas son as costas de Galicia con máis risco de inundacións polo cambio climático segundo Greenpeace

Betanzos, Orzán e Riazor, Corrubedo, Porto do Son ou Vilanova de Arousa son algunhas das zonas máis afectadas pola subida dle nivel do mar. Ademais de combater o aumento de temperaturas contaminando menos, Greenpeace reclama pór límites á turistificación masiva e a proxectos como a mina de Touro ou Altri.

Colectivos ambientalistas denuncian: a moratoria do eucalipto foi un paripé da Xunta

A Xunta creaba o 'Plan Forestal de Galicia 2021-2040' para optimizar a explotación madeireira galega. Un dos puntos deste plan era crear unha moratoria na plantación do eucalipto e fixar unha redución do 5% da superficie total do bosque plantado con esta especie. Algunhas organizacións ambientalistas denunciaron, con todo, o incremento de superficie de eucalipto a pesar da moratoria

O documental 'O Ulla se' recolle a oposición á fábrica de Altri a través de testemuños de veciños e as súas protestas

O documental 'O Ulla se' recolle a oposición ao proxecto de Altri en Palas de Rei a través de testemuños de veciños e as mobilizacións que protagonizaron en contra desta fábrica da pasteira portuguesa.

Unha concentración e rafting polo Ulla como protesta ante a intención de instalar unha celulosa en Palas de Rei

Con todo, Greefiber defendeu, en numerosas ocasións, que a súa actividade "non vai alterar o estado do río Ulla e, por tanto, non vai afectar aos bancos marisqueiros da ría de Arousa"
 

BNG critica o cambio de última hora no informe de Saúde Pública sobre a celulosa de Altri

 A Xunta eliminou advertencias sanitarias sen que a empresa remitise nova documentación horas antes de aprobar a Declaración de Impacto Ambiental. Hoxe o deputado Luís Bará criticou o ocultado "expresións incómodas que poderían resultar comprometedor".

 

O ok de Augas de Galicia a Altri: pediu información adicional que tardou 8 meses en chegar

Os documentos do expediente sobre o que os técnicos da Xunta concederon o permiso ambiental ao proxecto de Altri en Palas de Rei revelan o proceso polo que desde Augas de Galicia demandaron nun primeiro momento información adicional a Greenfiber, un feito que causou, en gran medida, a demora para coñecer as conclusións finais. Galiciapress fai un repaso á cronoloxía deste texto crucial e publica a resposta íntegra da filial de Altri coa que convenceu aos técnicos da Xunta de que o plan era medioambientalmente sostible, polo menos sobre o papel. 

Marta Gómez (Galiza Nova): "Aos 16 podes ir ao carcere ou casarte, pero votar non. É unha anomalía democrática"

Galiciapress entrevista á secretaria xeral de Galiza Nova, Marta Gómez (Pontevedra, 1997) para coñecer a postura da organización en temas como Altri, a mina de Doade ou a vivenda. Os bos datos do BNG nas sondaxes, o talento novo emigrado ou os sacrificios para se iniciar en política, outros dos temas desta conversa.

Xurxo Doval (Xuventudes Socialistas): "Besteiro non nos vai a invisibilizar ou impoñer unha xestora como fixeron outros"

Galiciapress entrevista ao líder de Xuventudes Socialistas de Galicia, Xurxo Doval (Ourense, 2000), para coñecer a postura da organización en temas como Altri, a mina de Doade ou a vivenda. A crise do PSOE en Compostela, as impresións despois do último Congreso do PSdeG ou as dificultades dos mozos para comezar na política, algúns dos outros temas desta conversación.

Antom Fente (Agora Galicia): "Hipotecar a agricultura e o camiño de Santiago por Altri é unha tolemia"

Agora Galicia acaba de nacer como unha coalición de forzas políticas que buscan transformar o panorama electoral galego desde o municipalismo. Esta confederación de partidos locais de Ourense, Chantada, Sober, Monforte de Lemos, Courel, A Ulloa, Vilardevós, Laza, Chandrexa de Queixa, Macizo Central, Gondomar, Nigrán, Baiona, Campo Lameiro, Ribadumia, San Sadurniño, Neda suma xa 23 concelleiros en Galicia e aspira a converter en determinante no axustado equilibrio de poder das deputacións . Nesta entrevista para Galiciapress, Antom Fente Parada, de Por Chantada - Interior Galego Vivo, explica o seu modelo organizativo, os seus obxectivos e a súa postura ante proxectos como a celulosa de Palas de Rei.

Altri - Greenfiber: Hipóteses arredor de realidades inconfesábeis

Un consorcio ENCE-ALTRI-GREENALIA será imbatible en todo o cuadrante noroeste ibérico, tendo a INDITEX como cliente privilexiado.

 

Ángeles Vázquez sobre a DIA favorable a Altri: "minuciosa, exixente e apoiada por gran cantidade de técnicos"

"Todas as dúbidas quedan perfectamente clarificadas despois dun estudo minucioso por parte dunha gran cantidade de persoas que asinan un total de 42 técnicos, con coñecementos de cada un dos temas que abarca a implantación da empresa", remarcou a conselleira de Medio Ambiente

A Xunta alega que "non hai argumentos" para o arquivo do expediente de Augas de Galicia sobre Altri

O goberno autonómico replica así ao BNG que segundo o executivo de Rueda "mestura intencionadamente ou por descoñecemento da lei" dous procedementos que "nada teñen que ver"


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE