Porco celta/EPO porco celta mantense alleo á caída de prezos que si sofre o resto de produtores de porco en Galicia a raíz do efecto no mercado que supuxo a detección de casos de peste porcina africana en xabarís en Barcelona.En declaracións a Europa Press, o director técnico da asociación de criadores de raza porcina celta (Asoporcel), Iván Rodríguez, destaca que o prezo da carne de porco celta segue máis alto que a do porco e continúa a previsión dunha maior demanda en datas do Nadal.No medio de accións de promoción con motivo da época de cocidos e o nadal, e coa vista xa posta tamén nos entroidos, os produtores de porco celta, 137 gandarías cuns 4.000 animais con datos a decembro de 2024, ven con "preocupación" o brote de peste porcina, pero tamén fan un chamamento "á calma".Neste sentido, Rodríguez traslada que hai operadores "angustiados" e traballando "contrarreloxo" porque se está "consumindo moi ben o produto", por exemplo en comidas e ceas de traballo, co cal os sacrificios se fan "todas as semanas", cando normalmente é unha si e unha non, de media."TOQUEMOS MADEIRA""Por agora" o sector "non se resente" pola crise da peste porcina, constata, mentres 'toca madeira'.