A Xunta ve “trampa” na quita da débeda que quere aplicar o Goberno
O gabinete autonómico de Rueda non quere saber nada da condonación de parte da débeda galega (máis de 12.000 millóns) proposta polo Goberno. Considera que hai uns intereses ocultos detrás desta acción, é máis, considera que se vai a usar o diñeiro de Galicia para beneficio doutras autonomías
O Goberno de España ofrece unha condonación de máis de 4.000 millóns de euros á comunidade, pero a Xunta rexéitaa de plano cualificándoa de "trampa" política, mentres a oposición denuncia unha "traizón" aos intereses galegos por motivos partidistas. Con todo, Galicia pechou o terceiro trimestre de 2025 cunha débeda pública que ascende a 12.051 millóns de euros, o que representa o 14,2% do seu Produto Interior Bruto (#PIB). Esta cifra supón unha débeda per cápita de 4.737 euros por habitante.
Neste escenario, o Goberno central ha proposto unha condonación de débeda que, no caso galego, cífrase en máis de 4.000 millóns de euros. Esta medida suporía unha redución superior ao 30% do pasivo total da comunidade.
A “MUTUALIZACIÓN”
A pesar da magnitude da cifra, o Goberno galego mantén unha negativa total á proposta. Os seus argumentos baséanse nunha “visión global” da Facenda española. Desta forma, desde o goberno galego non ven unha quita senón unha redistribución. O goberno de Rueda sostén que a débeda non desaparece, senón que se "mutualiza". Ao pasar da comunidade ao Estado, repártese entre toda a cidadanía española.
Ao final, o balance que fai a Xunta resulta negativo para a ciudadaní. Segundo os cálculos do Executivo autonómico, aínda que a cada galego reduciríanselle 1.477 € de débeda autonómica, pasaría a asumir 1.702 € adicionais da débeda estatal, o que supón un endebedamento neto de 225 € máis por persoa.
Así pois, desde San Caetano cualifícase de "negocio ruinoso" a iniciativa do Goberno central. Ven que, como operación global, resultaría nun saldo negativo de 600 millóns de euros para Galicia. O argumento: se condonan 4.000 M€ pero asúmense 4.600 M€ doutras comunidades máis endebedadas.
E aínda máis, segundo os cálculos da Xunta, esta operación non permitiría gastar máis en servizos públicos, xa que o aforro en intereses está excluído da regra de gasto. Por todo isto, consideran que a medida penaliza ás comunidades con "bo facer" financeiro e premia ás "malas xestoras".
“OPORTUNIDADE HISTÓRICA PERDIDA”
Desde a oposición, tanto o BNG como o PSdeG critican con dureza a negativa de Alfonso Rueda, atribuíndoa a unha estratexia de confrontación liderada por Alberto Núñez Feijóo. Os nacionalistas ven nesta quita o seu labor de presión sobre o Goberno tras o acordo de investidura. A deputada Noa Presas lembra que “o PP triplicou a débeda” desde que chegou ao goberno galego.
Ao contrario que a Xunta, os de Pontón sosteñen que o aforro en intereses, estimado pola AIReF en 767 millóns, permitiría investir máis en sanidade e ensino público. Por último, acusan á Xunta de usar "desculpas peregrinas" para non aceptar unha mellora das finanzas galegas.
Pola súa banda, o PSdeG critica o “seguidismo” da Xunta de Rueda ás políticas marcadas por Feijóo desde Madrid. Os socialistas galegos ven un “oportunidade histórica” para liberar recursos que doutra forma non sería posible.
Ante isto, sinalan que a negativa é unha "traizón" pero, doutra banda, sería un alivio financeiro inmediato que a Xunta rexeita por puro sectarismo. Advirten tamén que Galicia perderá case 300 millóns de euros en tres anos ao rexeitar a senda de déficit proposta polo Goberno.
O certo é que aliviar un terzo da débeda suporía, como sinalan as fontes consultadas, un beneficio para toda a sociedade galega. Reduciríanse presións económicas e financeiras que, de continuar, fan moi pouco atractivo o mercado galego para os investimentos. E isto ocorre nun momento no que os sectores produtivos, sobre todo os primarios, sofren os embates dos mercados internacionais.
Escribe o teu comentario