Distancia e "decepción" no sector do transporte, onde se mantén a folga de buses deste venres

Os viaxeiros da Coruña esperan que a reunión deste xoves poida desbloquear o conflito e evitar os paros.

 


|

Protesta por la huelga de transportes, en la estación de Santiago a 5 de diciembre de 2025
Foto: EP

 

A reunión de mediación do pasado mércores entre sindicatos e patronais do transporte de autobús da provincia da Coruña saldouse de forma "decepcionante" e "practicamente sen ningún avances".

Así o explica a Europa Press o responsable de CIG Transportes, Ernesto López Rei, quen explica que se esperaba "un mínimo de proposta" a partir da cal negociar, pero lamenta falta de avances.

Esta tarde de xoves, 18 de decembro, terá lugar outro encontro de mediaciación nas despendencias de Inspección de Traballo na Coruña, coa presenza do director territorial de Inspección, Demetrio Fernández.

Mentres, continúa convocada unha nova xornada de folga no transporte de bus para este venres, 19 de decembro, que ameaza con volver paralizar ao sector na provincia ás portas do Nadal, tal e como ocorreu nas tres xornadas anteriores.

O sindicalista da CIG asegura que "o único que desbloqueará" esa xornada de folga é que se alcance acordo esta tarde de xoves.

Os traballadores demandan melloras salariais e de conciliación tras catro anos co convenio caducado. Reclaman unha redución de tempo de condución e limitación de xornadas que consideran abusivas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE