A convocatoria de paro total na planta loxística de Amazon no Porriño, clave para a repartición en Vigo e o sur de Galicia, chega nun dos momentos de maior volume de pedidos do ano. A CIG denuncia sobrecarga de traballo, precariedade e abuso da contratación parcial, mentres a compañía defende que ofrece unha contorna “moderna e segura” con salarios e beneficios “competitivos”. O seguimento do paro, total segundo a central, provocará sen dúbida que algúns agasallos de nadal non cheguen a tempo para Noiteboa.