A Illa, Baio, Ordes, Chantada, Ribadeo, O Porriño, Vigo, Lugo...un terceiro premio de Nadal repartido en Galicia

O número 90.693 resultou agraciado co terceiro premio, dotado con 500.000 euros á serie.

 


|

Un niño del Colegio de San Ildefonso canta el tercer premio de la Lotería de Navidad
Foto: EP


O número 90.693 resultou agraciado co terceiro premio do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, dotado con 500.000 euros á serie, caendo en Galicia moi repartido.

O número foi cantado ás 11.12 horas no cuarto arame da quinta táboa. O mesmo tocou en Galicia, do mesmo xeito que un segundo premio, onde se adquiriu por traballadores de Bimba e Lola, e outros dous quintos premios.
 


No caso do terceiro premio, con 50.000 euros ao décimo e 500.000 á serie, recaeu en dúas administracións da cidade da Coruña, ademais de na Illa de Arousa; nos municipios coruñeses de Baio e Ordes, neste último en Mesón do Vento; en Chantada e Ribadeo, ademais de Lugo, cidade, en Vigo e no Porriño.
 


Os premios do Sorteo Extraordinario de Nadal 2025 comezaranse a abonar desde a tarde do 22 de decembro, cando finalicen tanto as verificacións dos números extraídos como os procesos informáticos, como é habitual, e até o 23 de marzo de 2026.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE